spot_img
InicioVal MiñorGondomarA obra e traxectoria do arquitecto Manuel Gómez Román (1875-1964) vertebrará un...

A obra e traxectoria do arquitecto Manuel Gómez Román (1875-1964) vertebrará un ciclo de faladoiros organizado polo IEM (Gondomar)

obra-traxectoria-arquitecto-Manuel-Gómez-Román-(1875-1964)-vertebrará-ciclo-faladoiros-organizado-IEM-GondomarA obra e traxectoria do arquitecto Manuel Gómez Román (1875-1964) vertebrará un ciclo de faladoiros organizado polo IEM baixo o título “Gómez Román, arquitecto e galeguista”.

A primeira conferencia “Manuel Gómez Román. A procura dunha arquitectura do lugar”, estará a cargo do historiador Xosé Ramón Iglesias Veiga, membro do Instituto de Estudos Vigueses. Será este venres 17 de abril ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), e contará cunha presentación da arquitecta e membro do IEM, Rosa Mouriño.

O ciclo continuará o seguinte venres 24 de abril, á mesma hora e lugar, cunha intervención de Francisco Domínguez Martínez, director da Fundación Penzol. “Arredor da obra e figura de Manuel Gómez Román”, será o tema deste faladoiro que contará cunha presentación a cargo do enxeñeiro industrial e membro do IEM, Xaquín de Acosta Beiras.

O ciclo pretende amosar unha ampla mirada sobre Gómez Román, quen abarcou distintos estilos arquitectónicos, destacando no modernista, ecléctico e o rexionalista inspirado na arquitectura monumental galega e a edificación tradicional. Autor entre outros proxectos e construcións emblemáticas en Vigo e comarcas,  do Monumento á Mariña Universal que preside no alto de Monteferro (Panxón – Nigrán).

Pero ademais Gómez Román tivo un importante papel na vida social, política e cultural do país. Formou parte da Corporación Municipal viguesa, foi secretario xeral do Partido Galeguista, fundador en Vigo da Agrupación ao Servizo da República e candidato ás eleccións municipais de 1936 pola Fronte Popular.

No ámbito cultural tamén mostrou unha gran implicación, participando na fundación da Editorial Galaxia e como membro da Real Academia Galega.

Por todo isto, os faladoiros abranguerán  tanto na súa vertente arquitectónica como na social, política e cultural.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.