spot_img
InicioAlto MinhoA música protagonista na Eurocidade Tui-Valença co concerto “Nadal de Cristal /...

A música protagonista na Eurocidade Tui-Valença co concerto “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”

a-musica-protagonista-na-eurocidade-tui-valenca-co-concerto-nadal-de-cristal-natal-de-cristalCelebrarase o sábado, 16 de decembro, ás 21.30 h ES no Teatro Municipal de Tui. As entradas xa están á venda 

Revista Cousas De Nº19

A maxia do Nadal cunha nova ponte musical encherá o próximo sábado, 16 de decembro, ás 21.30 h ES o Teatro Municipal de Tui no Concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença. Baixo o título de “Nadal de Cristal / Natal de Cristal” este evento impulsado pola Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui reunirá no escenario a 80 músicos de 4 formacións Kasual Quartet, o Coro indantil Vocalis Contrasta, o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença, e Mistura Vocal.

Este espectáculo, con estética invernal, plasmará os lazos de unións entre a poboación valenciana e tudense, fundindo dúas culturas e dous países, e amosando a beleza e a fraxilidade do Nadal.

Así sobre o escenario estará o cuarteto de jazz Kasual Quartet coa colaboración da cantante María Joao, doce nenos e nenas do coro infantil Vocalis Contrasta, 30 cativos e cativas do Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valenç dirixidos por Joao Azevedo e acompañados polo pianista Antonio Kent Queener e os 37 cantores e cantoras do coro Mistura Vocal baixo a dirección de Aloia Martínez.

“Nadal de Cristal / Natal de Cristal” conta coa dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García, e a dirección musical de Aloia Martínez.

As entradas para este concerto de Nadal da Eurocidade, xa están á venda aos prezos de 6€ e 4,5€ a través das páxinas web tui.gal e cm-valenca.pt.

- Publicidade -spot_img