Inicio Vigo e área Soutomaior A moda na época de María Vinyals nunha exposición no Castelo de...

A moda na época de María Vinyals nunha exposición no Castelo de Soutomaior

A mostra sobre a moda da época de María Vinyals presenta boa parte da colección dos fondos do Museo de Pontevedra centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do XX e poderá visitarse ata o mes de febreiro

O Castelo de Soutomaior acolle ata o 24 de febreiro unha novidosa exposición con pezas do Museo de Pontevedra relacionadas coa moda da época na que viviu María Vinyals. A mostra, titulada “A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)” ten por obxectivo dar a coñecer ao público unha época de esplendor e desenvolvemento económico e social da provincia, así como mostrar os hábitos das personaxes históricas que viviron no Castelo de Soutomaior, como foi o caso de María Vinyals.

A exposición, que presenta boa parte da colección dos fondos do Museo de Pontevedra e está centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do século XX, da a coñecer como vestían as mulleres coetáneas a Vinyals, os seus gustos, como accedían á moda ou como eran as diferentes tendencias nas que o gusto pola diversidade foi predominante, ademais dun símbolo de modernidade para moitas mulleres. Así mesmo, mostrarase un capítulo da historia da provincia no que as principais protagonistas foron as mulleres. Deste xeito, amosaranse pezas que pertenceron ás irmás Domerq, á familia García Solís ou ás irmás Mendoza.

En concreto, “A moda en detalles” recolle 200 pezas de bordados, abelorios, calzado, cosmética, xoiería, publicacións, complementos e pezas únicas na moda feminina de finais do século XIX e comezos do XX, moitas delas inspiradas na moda de París ou con tecidos procedentes dos mellores almacéns de Londres que convertían á moda no escaparate por excelencia que facía visible o status social das mulleres. Ademais, veranse cores, complementos, tecidos que tamén se reproducen en obras de pintores como Joaquín Sorolla, gran amigo de María Vinyals.

A mostra, na que tamén colabora o Museu Virtual de la Tarjeta Postal de Catalunya, poderá visitarse ata febreiro na Sala de Tapices do Castelo de Soutomaior.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies