Feijóo apela á unión de esforzos na loita contra o tráfico de órganos, unha lacra ante a cal non ten cabida nin a negación, nin o silencio, nin a inacción.
O presidente da Xunta participou hoxe no acto de inauguración da Conferencia mundial de alto nivel sobre a loita contra o tráfico de órganos humanos e asistiu á sinatura do Convenio do Consello de Europa contra o tráfico de órganos humanos.
Transmite, en nome dos galegos, o orgullo da Comunidade por converterse durante estas xornadas na capital europea da loita activa contra esta lacra.Se ben recoñece a importancia do ámbito xurídico na loita contra o tráfico de órganos, afirma que en España, “os instrumentos legais non son os nosos únicos aliados”: o pasado ano volveu ser, por vixésimo terceiro ano consecutivo, o país que máis transplanta do mundo, alcanzando o máximo histórico de doadores
Refírese a cada unha das 1.682 persoas que doaron en 2014 e as súas familias -91 delas en Galicia- como un exemplo de solidariedade, “e tamén o mellor estímulo para loitar contra o tráfico de órganos”, incide




