spot_img
InicioGaliciaA CoruñaA locomotora coñecida como 'Sarita' poderá visitarse na Fundación Camilo José Cela...

A locomotora coñecida como ‘Sarita’ poderá visitarse na Fundación Camilo José Cela a partir de setembro

A locomotora coñecida como 'Sarita' poderá visitarse na Fundación Camilo José Cela a partir de setembroA Xunta de Galicia rematou a rehabilitación da locomotora coñecida como Sarita situada no Museo do Ferrocarril John Trulock -espazo que forma parte do Museo Camilo José Cela- coa intención de incorporala á museografía exterior da Fundación a partir de setembro.

Revista COUSAS DE Nº18

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o museo, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con motivo da reunión do seu padroado, onde puido comprobar o resultado das actuacións.

‘Sarita’ foi protagonista da primeira viaxe ferroviaria en Galicia e mantívose activa entre 1873 e 1935, cando realizou o seu último traxecto antes de ser trasladada a Cásaa-Museo de Camilo José Cela

Cun investimento de máis de 45.000 euros, realizouse unha limpeza e saneamento da estrutura e agora estase ultimando unha cuberta que a protexa das inclemencias meteorolóxicas e facilite a súa observación. Tamén foi restaurada a cabina de condución e a cuberta do teito foi reconstruída totalmente por un taboleiro composto de partículas de madeira e resinas de alta densidade.

Inician a restauración da locomotora coñecida como ‘Sarita’ para a súa integración no Museo Camilo José Cela

Por último, restauráronse e limpáronse todas as pezas de bronce como bucinas, reloxos de presión e temperatura, tubaxes de canalización de vapor e auga e o sombrerete superior da cheminea.

Os focos situados nas partes dianteira e traseira tamén foron sometidos a un proceso de recuperación e colocáronse novas barras de pasamáns de aceiro inoxidable pulido sen brillo. En definitiva, a Sarita foi desmontada, restaurada peza a peza, imprimada e pintada de novo coas cores orixinais de fábrica.

Ano conmemorativo de Cela

A recuperación da locomotora Sarita forma parte do conxunto de accións promovidas pola Xunta arredor da figura e do legado de Camilo José Cela con motivo da conmemoración do 20 aniversario do seu pasamento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.