spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA langosta volverá a ser a protagonista indiscutible da Festa da...

A langosta volverá a ser a protagonista indiscutible da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira de A Guarda

guarda-acollera-os-vindeiros-12-e-3-de-xulio-a-xxvi-festa-da-langosta-e-da-cocina-marineiraA cita gastronómica terá lugar os días 3, 4 e 5 de xullo no porto da Guarda e a langosta volverá a ser a protagonista indiscutible da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros e así todos os visitantes poderán coñecer os excelentes produtos do mar e, como non, o bo facer dos restauradores guardeses.

Non hai que esquecerse que dende o ano 2007 a Festa da Langosta converteuse na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira adquirindo unha nova dimensión ó ofrecer diferentes pratos mariñeiros e conseguindo achegarse a tódolos gustos do público e revalorizar desta maneira a Festa.

A festa celébrase na explanada do Porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Dende hai varias edicións os comensais poden degustar a langosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Os restaurantes e demais expositores ocupan postos diferenciados na carpa.

Nesta edición catro restaurantes ofrecerán a langosta cocida, á prancha ou en salpicón, que amosan como a langosta continua sendo a protagonista entre máis de 25 produtos e pratos mariñeiros. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, tartas, etc.

Langosta2015O recoñecido cociñeiro YAYO DAPORTA é o pregoeiro nesta edición que se celebrará a noitiña do venres 3 novamente na Praza do Reló como o primeiro acto da festa. Coa lectura do pregón convídase a todos os veciños da Guarda e da comarca e, como non, os visitantes e turistas que nos visitan nos seus días de vacacións. Este acto de comezo dará comezo ás 20.00 horas coa Agrupación Musical da Guarda nunha actuación conmemorativa polo seu X aniversario.

Tralo pregón procederase a apertura da carpa na explanada do Porto e os interesados xa poderán degustar a gastronomía guardesa cunha exhibición da cociña recoñecida  de YAYO DAPORTA na que prima o sabor de pratos galegos pero cunha visión máis actual.

Este ano destaca a oferta musical que será moi variada para achegar a festa a todos os gustos. O venres será a orquestra AMÉRICA os encargados de facer bailar os achegados a carpa. A música galega tamén estará presente co grupo tradicional O TREBÓN DOS XIDOS que nos anunciarán a festa durante as mañás e a apertura da carpa será a cargo do músico guardés Daniel Vilanova. A noite do sábado estará adicada a música máis rockeira coa actuación de THE WININNG NUMBERS coa súa música dos 60 e co grupo LOU REYES co seu rock and roll dos 50. Para a tardiña do domingo reservase para o FADO coa actuación dos artistas convidados e como representación da música portuguesa tan próxima ó Concello da Guarda.

Cada edición mudan as actividades para o entretemento e ocio dos visitantes. Este celebrarase a tradicional Travesía a Nado Porto da Guarda que se celebrará ás 18 h do sábado a escasos metros da carpa da festa. Para entretemento dos nenos e familias programouse actividades acuáticas e saídas en kayak, inchables e obradoiros de cociña e deportivos. Durante a fin de semana, a festa contará coa recoñecida Feira de Artesanía na rúa do Porto e o tren turístico que percorrerá as rúas da vila.

E para todos os visitantes que coñecen nestes días a vila da Guarda e tamén para os veciños haberá visitas guiadas gratuítas a cetárea da grelo ( viveiro antigo de marisco),  ó Castelo de Santa Cruz e ó Monte de Santa Trega.

Este ano 2015 conmemorase o 25 aniversario desta recoñecida festa gastronómica polo que haberá sorpresas como “O Muro da Arte” onde artistas convidades embelecerán rúas da Guarda con obras en graffiti.

A Guarda – Concello de Interese Turístico – Destino EDEN

Máis info: OFICINA DE TURISMO
TEL 986 614 546 – turismo@aguarda.es
Segue as novidades: Facebook TURISMO A GUARDA

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:

Restaurante Casa Olga
Restaurante O Cangrexal
Restaurante Trasmallo
Restaurante Xantar
Confitería Estévez
Adega Valtea

PRODUTOS OFERTADOS:

A Langosta segue a ser o prato máis desexado polos visitantes e durante estes días repártense uns 500 kg de langosta á prancha na súa maioría. Sen esquecer a variedade dos pratos ofertados que permiten achegar a todos os gustos pola gastronomía galega:

LANGOSTA: 38 €
½ LANGOSTA: 20 €
PERCEBE: 10 €
EMPANADA ZAMBURIÑAS: 4 €
EMPANADAS VARIADAS: 3,50€
EMPANADILLA: 1 €
BROCHETA DE RAPE E LANGOSTINOS: 5 €
BUÑUELOS DE BACALAO: 5 €
CALAMARES: 5 €
CHIPIRÓNS: 5 €
CROQUETAS DE LANGOSTA: 5 €
CROQUETAS VARIADAS: 5 €
ENSALADILLA: 5 €
FIDEOS CON AMEIXAS: 6 €
MEXILLÓNS: 5 €
NAVALLAS: 8 €
PAELLA MARIÑEIRA: 6     €
PEMENTOS DE PADRÓN: 4 €
PEMENTOS DE PIQUILLO RECHEOS: 5 €
PINCHO DE XOUBA: 1,20 €
POLBO Á FEIRA: 10 €
SAQUITOS DE MARISCO: 3 €
TORTILLA DE GAMBAS: 4 €
VIEIRA: 4 €
ZAMBURIÑAS: 10 €

 

- Publicidade -spot_img