spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA illa de San Simón acolle a xornada “A xestión dos lugares...

A illa de San Simón acolle a xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista”

a-illa-de-san-simon-acolle-a-xornada-a-xestion-dos-lugares-de-memoria-da-represion-franquistaNun espazo memorial tan simbólico como é a illa de San Simón, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela axuntan profesionais da historia e das políticas de memoria de diferentes institucións e puntos de Galicia, así como de Cataluña e Navarra, para debater os aspectos máis prácticos da xestión da memoria, partindo de experiencias concretas e comparativas.

Revista Cousas De Nº22

A xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” celebrarase o 4 de outubro e propón reflexionar sobre uso destes lugares e conseguir que sigan vivos na lembranza, como homenaxe ás vítimas e fonte de aprendizaxe para a convivencia democrática no presente e no futuro.

Participarán Xosé M. Núñez Seixas, do Consello da Cultura Galega, Emilio Grandío Seoane, da Universidade de Santiago de Compostela, José Miguel Gastón, do Instituto Navarro de la Memoria e Queralt Solé, da Universitat de Barcelona. Pola tarde celebrarase unha mesa redonda na que intervirán a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto con Manuel Pérez Lorenzo (Pazo de Meirás), Xosé Manuel Suárez (Castelo de San Filipe, Ferrol) e Cristina Fiaño (Exposición O Vello Cárcere, Lugo). Actuará como moderadora Montse Fajardo.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A actividade é gratuíta con inscrición previa, as prazas son limitadas. Máis información e inscricións na páxina web do Consello da Cultura Galega.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.