30 barcos partirán este próximo lunes de Baiona en una peregrinación marítima hacia Santiago de Compostela, pasando por Combarro, La Toja, A Pobra do Caramiñal, Muros y Portosín para completar el último tramo por tierra hasta la capital gallega.
É a terceira edición dunha travesía que, organizada polo Monte Real Club de Yates, o Real Club Náutico de Portosín e Xeodestino Ría de Muros e Noia co patrocinio de Isonor, naceu hai dous anos para converterse nun camiño máis dos diferentes roteiros que conforman o Camiño de Santiago e divulgar a cultura mariñeira, promover o turismo náutico, impulsar o deporte da vela e dar a coñecer as potencialidades dos nosos portos.
Nesta terceira edición participarán un total de 30 barcos, chegando de novo ao límite establecido pola organización para ofrecer a mellor experiencia durante a travesía, así como tamén nos diferentes portos nos que recalará a frota. En cada unha das cinco etapas que compoñen o roteiro unirase turismo, natureza, deporte, gastronomía, relixión e tradicións.
A peregrinación marítima comezará este próximo luns, día 3 de xullo, coa frota partindo ás once da mañá de Baiona rumbo a Combarro. As seguintes etapas terán como destino A Toja, Pobra do Caramiñal e Muros, chegando finalmente o venres a Portosín acumulando máis de 120 millas desde o punto de partida.
O sábado día 8 os participantes poderán completar a pé o último tramo cara á capital galega e obter así A Compostela tras selar a súa credencial do peregrino en cada porto.
O roteiro leva tres embarcacións de seguimento que acompañarán á frota e unha furgoneta por terra de organización e seguridade.
O III Roteiro Rías Baixas Isonor foi presentada este venres no club baionés nun acto que estivo presidido por José Luis Álvarez, presidente do Monte Real Club de Yates, e Jorge González Cuenca, CEO do Grupo Isonor, contando tamén coa presenza de Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona; María Fraguas, directora comercial do Grupo Isonor; José Antonio Marcote, responsable de comunicación a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros e Noia; Jorge Arán, presidente do Real Club Náutico de Portosín; e Ignacio Sánchez Otaegui, comodoro do Monte Real.
III RUTA RÍAS BAIXAS · PERCORRIDO
- Luns, 3 de xullo: Navegación Baiona – Combarro
- Martes, 4 de xullo: Navegación Combarro – A Toxa
- Mércores, 5 de xullo: Navegación A Toxa – Pobra do Caramiñal
- Xoves, 6 de xullo: Navegación Pobra do Caramiñal – Muros
- Venres, 7 de xullo: Navegación Muros – Portosín
- Sábado, 8 de xullo: Por terra cara a Santiago de Compostela




