spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda participou en Fitur como un dos protagonistas na presentación do...

A Guarda participou en Fitur como un dos protagonistas na presentación do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño

O Concello da Guarda participou na Feira de Turismo de Madrid como un dos protagonistas na presentación do Xeodestino Ría de Vigo Baixo MiñoO Concello da Guarda participou na Feira de Turismo de Madrid como un dos protagonistas na presentación do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño

Cada ano A Guarda como destino turístico destacado conta cun especial protagonismo nas presentacións da Deputación de Pontevedra e do Xeodestino Ría de Vigo Baixo que se realizan durante a Feira de Turismo de Madrid, FITUR.

O xoves 20 de xaneiro no stand de Turismo de Galicia tivo lugar a presentación da campaña promocional “Mulleres do Camiño Portugués” do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño e A Guarda ofreceu a súa experiencia no Camiño Portugués da Costa.

Nesta presentación estiveron presentes profesionais de diferentes ámbitos do turismo onde ofreceron a súa experiencia no camiño e no trato diario cos peregrinos. O Concello da Guarda estivo representado pola técnico de Turismo, Rosalía Verde, que trasladou aos asistentes a atención prestada na Oficina de Turismo e a relevancia da Guarda como primeiro municipio galego do Camiño Portugués da Costa.

Ademais nesta presentación presentouse o vídeo promocional da campaña para este 2022 onde cinco mulleres vinculadas ao turismo contan a importancia social e económica do camiño para os concellos do Camiño Portugués e da Costa. As cinco mulleres protagonistas do vídeo son Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda.

Ademais asistiuse á presentación da campaña “Love Rías Baixas” da Deputación de Pontevedra e no seu vídeo promocional amosan a historia de 7 persoas que se achegaron ata a provincia e decidiron quedarse a vivir. Unha destas protagonistas é Daniela Savic, naceu en Eslovenia e chegou A Guarda como xogadora de balonmán e agora continúa como adestradora. A través do seu relato e as panorámicas da vila converteuse nunha excelente embaixadora do noso concello.

Os interesados en coñecer A Guarda tiñan no stand de Turismo de Galicia material turístico e calendarios fotográficos do Concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.