Ao longo da pasada fin de semana realizouse un roteiro e unha andaina para poñer en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espazo dentro dun mundo do que non eran donas.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programou a pasada fin de semana a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal foron as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns.
Desta volta e despois do grande éxito que tivo a primeira edición desta actividade, realizada entre outubro e novembro do 2022, retomouse o mesmo formato cun roteiro e unha andaina, que contou cunha ampla e activa participación.
O roteiro, que tivo lugar o pasado venres día 5 de maio saíu dende a Praza do Reló, en el falouse dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan.

No caso da andaina, que realizouse na xornada do domingo día 7 de maio saíu dende a Alameda da Guarda con 8km de percorrido onde falouse de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.



