spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda formará parte dos 23 concellos galegos que conforman o Ciclo...

A Guarda formará parte dos 23 concellos galegos que conforman o Ciclo Mestre Mateo 2023

A Guarda formará parte dos 23 concellos galegos que conforman o Ciclo Mestre Mateo 2023O Ciclo presentará nas localidades escollidas as proxeccións das longametraxes finalistas na edición 2023 dos premios ao cinema galego

Revista COUSAS DE Nº17

No mes de xuño comeza na Guarda o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta coa colaboración das catro deputacións provinciais, para poder amosar o mais novidoso e relevante do noso cinema nas vilas de Galicia.

Esta proposta que tivo a súa primeira edición o pasado ano 2022 , suma neste 2023 novas localidades entre as que se atopa  a vila da Guarda. O ciclo conleva a proxección de 8 filmes, de ficción, documental e animación que se proxectarán entre os meses de xuño e novembro.

O ciclo comezará no mes de xuño coa proxección de dúas longametraxes de ficción: o 8 de xuño con Código Emperador, filme de acción dirixido por Jorge Coira estreado no XXIV Festival de Málaga, onde tamén tivo a súa estrea a longametraxe Live is life (Dani de la Torre, 2022); que poderá verse na Guarda o 29 de xuño.

Durante o verán o ciclo fará unha pausa para retomarse no mes de outubro, cando poderemos ver a gran gañadora da edición 2023: O Corpo Aberto, que se fixo con 12 galardóns na presente edición dos premios Mestre Mateo 2023. Outros filmes que teremos a oportunidade de ver nos meses de outubro son:  o documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, e Unicorn Wars recoñecidas respectivamente como Mellor documental e Mellor longametraxe de animación. O filme de animación Valentina, que foi gañadora no 2022 do Goya á mellor longametraxe de animación, así como os documentais A foreign song (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; e Onde máis doe (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival.

Na web ciclomestremateo.gal pódese consultar toda a información do ciclo, así como as fichas das películas e a axenda de proxeccións, que reproducimos a continuación:

  • 8 XUÑO, CÓDIGO EMPERADOR ás 21:00h.
  • 29 XUÑO, LIVE IS LIFE ás 21:00h.
  • 7 OUTUBRO, VALENTINA ás 18:00h.
  • 11 OUTUBRO, O CORPO ABERTO ás 21:00h.
  • 26 OUTUBRO, A FOREIGN SON ás 20:30h.
  • 10 NOVEMBRO, UNICORN WARS ás 20:30h.
  • 16 NOVEMBRO, ONDE MAIS DOE ás 20:30h.
  • 30 NOVEMBRO, MARÍA CASARES A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, ás 20:30h.
- Publicidade -spot_img