spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda elixe Sanxenxo para a presentación da XXXI Festa da Langosta...

A Guarda elixe Sanxenxo para a presentación da XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

A Guarda elixe Sanxenxo para a presentación da XXXI Festa da Langosta e da Cociña MariñeiraO mirador da Rosa dos Ventos do Paseo de Silgar converteuse esta mañá nun punto de degustación do crustáceo en distintas elaboracións

Revista COUSAS DE Nº17

Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación da “XXXI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira” que se celebrará desde este venres e ata o domingo 2 de xullo na Guarda. A Rosa dos Ventos no Paseo de Silgar serviu como escaparate e punto de degustación do crustáceo en distintas elaboracións, unha pequena demostración gastronómica do que poderán atoparse os que acudan esta fin de semana á Guarda. A presentación xerou unha gran expectación de público que se congregou na zona para poder probar a ampla mostra de degustación de lagostinos, zamburiñas, lagosta, luras, nécoras, gambas, lagostinos, berberechos, empanada… e rosca de xema, acompañado dunha copa de albariño.

A Guarda elixe Sanxenxo para a presentación da XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

A hostalaría da Guarda foi a encargada das elaboracións dos manxares do mar e da presentación. A eles agradeceu o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, o seu labor. “Sen eles isto non sería posible”, asegurou. O encargado de explicar a importancia da cita gastronómica que terá lugar no porto foi o concelleiro, Fernando Reyes González.

A Guarda desvela o programa de actividades para a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira cunha ampla oferta cultural e de lecer

A festa é, ademais dun evento gastronómico, un importante evento cultural. Isto é así xa que, ademais de poder degustar os diferentes pratos, os visitantes poderán gozar dunha variada oferta de entretemento con motivo da festa. Nesa vocación de festa familiar e para todos os públicos, contarase con diferentes actuacións e actividades, tanto para os maiores como para os máis pequenos, de maneira que a diversión está garantida.

Nesta edición son catro os restaurantes locais os que participan, con especialidades propias e tamén coas que segue sendo a raíña da festa, a lagosta cocida ou á prancha. A sobremesa que acompaña a lagosta desde a primeira edición da festa, que non é outra que o roscón de xema da Guarda. Este roscón é unha sobremesa típica guardés, creado en 1593 por un pasteleiro guardés. No entanto, ofrécense tamén outras sobremesas caseiras e tradicionais como son as filloas, tortas…

A Guarda elixe Sanxenxo para a presentación da XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
Na foto a concelleira de Festas e Eventos, Elena Torres, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez.

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acompañado da concelleira de Festas e Eventos, Elena Torres, e o concelleiro de Turismo, Juan Deza, destacou a importancia de “aproveitar as sinerxias” que xeran estas colaboracións entre concellos. “Galicia é unha cidade única e debemos promocionar toda a nosa riqueza paisaxística e gastronómica”, indicou. Ademais, lembrou que durante o verán “o noso municipio é líder no norte de España en pernoitas polo que estamos encantados de que se faga aquí en Sanxenxo esta presentación e que moitos dos visitantes que xa están aquí veraneando se acheguen esta fin de semana A Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.