spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda conmemora a figura de Rosalía de Castro cun sorteo de...

A Guarda conmemora a figura de Rosalía de Castro cun sorteo de produtos

a-guarda-conmemora-a-figura-de-rosalia-de-castro-cun-sorteo-de-produtosO vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, con motivo do 188º aniversario do seu nacemento. Dende o Concello da Guarda unímonos ás múltiples homenaxes e actos de recordo cunha celebración en torno á súa obra e á lingua galega. 

Revista Cousas de Nº24

Deste xeito, o Concello da Guarda promove o sorteo de 2 lotes de libros, acompañados dunha taza coa súa figura e un CD de Tino Baz entre aquelas persoas que compren libros en galego nas librerías guardesas antes do 8 de marzo. O sorteo celebrarase no Salón de Plenos o martes 11 de marzo ás 13:30 horas.

Ademais desta iniciativa, que promove o consumo de libros en galego, poñeranse en distribución marcapáxinas con escolma dalgúns poemas de Rosalía nas librerías da vila e na Biblioteca.

Estes marcapáxinas contan cun deseño orixinal das artista miñorana Irene Silva, creadora da imaxe e proxecto artístico Rosalía Total.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.