Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo A Gala do Deporte de Cangas, colofón a un ano prolífico para...

A Gala do Deporte de Cangas, colofón a un ano prolífico para o deporte cangués

colofón a un ano prolífico para o deporte cangués

A Gala do Deporte de Cangas, que terá lugar este venres 13 de xaneiro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, serve como colofón a un ano prolífico para o deporte cangués e como remate a este ano olímpico.

Loreto Costa, xornalista deportiva da TVG, presentará este evento dirixido por Borja Brun, que contará coas exhibicións do Club de Ximnasia de Pontevedra, Nelson Quinteiro e o seu equipo de cabaretistas e moitas sorpresas.

Nesta ocasión 78 son os deportistas nominados, dos cales 26 resultarán premiados. A maior parte dos trofeos foron feitos polos membros do Obradoiro Ocupacional da Asociación Xoán XXIII.

Non esquezades consultar a relación de persoas nominadas: http://cangas.gal/deportes/relacion_de_nominados.pdf

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies