spot_img
InicioGaliciaA CoruñaA Fundación Luis Seoane ofrecerá este venres a conferencia Xapón e a...

A Fundación Luis Seoane ofrecerá este venres a conferencia Xapón e a súa arte en miniatura: o netsuke e o okimono

a-fundacion-luis-seoane-ofrecera-este-venres-a-conferencia-xapon-e-a-sua-arte-en-miniatura-o-netsuke-e-o-okimonoEste venres 4 de xullo, ás 19:30 horas, Ferrán López Alagarda ofrecerá a conferencia Xapón e a súa arte en miniatura: o netsuke e o okimono no auditorio da Fundación Luis Seoane

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Con motivo da celebración da exposición Arte e guerra. Geishas e samuráis no antigo Xapón, actualmente nas salas de Fundación Luis Seoane, o comisario da mostra, Ferrán López Alagarda, impartirá este venres 4 de xullo, ás 19:30 horas, la conferencia Xapón e a súa arte en miniatura: o netsuke e o okimono na que fará un percorrido pola temática, significado e características destas pequenas esculturas ao longo da historia. A conferencia terá lugar no auditorio da Fundación, e a entrada é libre ata completar capacidade.

Visitas guiadas

Antes, ese mesmo venres 4, ás 12:00, e o sábado 5 de xullo á mesma hora, o comisario ofrecerá dúas visitas guiadas á exposición, dirixidas a todas aquelas persoas interesadas en afondar nesta proposta acerca da vida no Xapón do século XIX. O acceso é libre (prazas limitadas).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.