spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA Festa dos Fachos iluminará un ano máis a noite no monte...

A Festa dos Fachos iluminará un ano máis a noite no monte da Peneda

a-festa-dos-fachos-iluminara-un-ano-mais-a-noite-no-monte-da-peneda
@Concello de Redondela

O próximo sábado día 22 de xuño celebrarase a Festa dos Fachos e van xa XXVII edicións dende que no monte da Peneda, na parroquia do Viso, se celebra a finais do mes de xuño esta festa de inspiración pagá, para dar a benvida ao verán. A primeira celebración data do ano 1997 pero dise que esta tradición se rexistra xa no século XIX.

Revista Cousas de nº21

Posúe reminiscencias mitolóxicas baseadas na cultura castrexa do monte (ritos da luz) e a súa principal característica é a subida até o cumio camiñando con fachos acesos e a posterior queima dunha fogueira. O marco da Peneda no que se desenvolve está considerado como unha unión entre os concellos de Redondela e de Soutomaior, ademáis de constituír unha paraxe única visible dende case todos os puntos dos dous concellos.

a-festa-dos-fachos-iluminara-un-ano-mais-a-noite-no-monte-da-peneda

Por outra banda, é importante destacar a súa forte carga histórica dende os tempos máis remotos (“Castro da Peneda”) e tamén a gran relevancia durante a Idade Media na que era coñecido como a Fortaleza de Castrizán, xa que xogou un papel fundamental nas Revoltas Irmandiñas e nos conflitos nobiliarios. Posteriormente foi cristianizada e o seu cumio coroouse cunha ermida.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Festa dos Fachos ten un marcado compoñente reivindicativo no que a organización quere chamar a atención sobre os coidados que debe recibir o monte, a preservación dos espazos naturais e as especies autóctonas. Ademais supón tamén un chamamento á unión dos dous concellos nese espazo común. O colectivo “Alén Nós” foi o primeiro en apostar por esta celebración que edición tras edición medra cada día máis e contribúen á espectacularidade da celebración.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.