spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Festa da Ostra vive o seu día grande con éxito de...

A Festa da Ostra vive o seu día grande con éxito de participación e de venda do seu produto estrela

a-festa-da-ostra-vive-o-seu-dia-grande-cun-exito-de-participacion-e-de-venda-do-seu-produto-estrelaA XXXVII Festa da Ostra viviu onte o seu día grande, un día cheo de emoción e de reencontros. O tempo acompañou nesta xornada, e a xente non fallou, milleiros de persoas baixaron ata o peirao a desfrutar e a degustar a Festa da Ostra.

Revista Cousas de Nº24

Nunha carpa ateigada o público asistente puido desfrutar da ostra ao natural e da gastro experiencia OsTrés, conformado por tres cociñados de ostras Ostra “A Touca” á galega con ramallo de mar, ostra adobada en salsa teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque e ostra en escabeche tradicional. Uns pratos cociñados polo Calidus Catering que lidera o  veciño de Soutomaior Joaquín Lema e que foron un auténtico éxito nesta edición. Todo, maridado cos mellores viños Albariños de Soutomaior (Noelia Bebelia, María Vinyals e Quinta da Eiras).

Ás 13:00h. chegou a quenda do pregón, antes de darlle paso ao pregoueiro Manu Lourenzo, o alcalde de Soutomaior, agradeceu o “enorme” traballo realizado polos funcionarios do concello, ostricultores, adegueiros e todas as persoas que tiveron que estiveron involucradas con esta edición e fixeron que fose un rotundo éxito. Lourenzo dixo que un ano máis síntese orgulloso do seu pobo e do cariño co que trata e co que se vive a Festa da Ostra. Tamén tivo unha mención especial para Joaquín Lema, pola súa implicación con esta Festa, a máis importante de Arcade. Tras as súas palabras presentou e deulle paso ao pregoeiro deste ano, o monologuista e excelente contador de historias Celso Fernández “Celsiño”.

a-festa-da-ostra-vive-o-seu-dia-grande-cun-exito-de-participacion-e-de-venda-do-seu-produto-estrela

Celsiño, de Lalín de nacemento pero actualmente veciño de Soutomaior, comezou a súa intervención apelando a súa sorpresa por ser o pregoeiro desta edición afirmando que “como me dixo hai pouco o meu amigo zamorano e grande contador, Jose Luis Gutierrez, cando eu lle contei a miña sorpresa porque me encargasen a min, unha persoa do interior e non da costa, este pregón, el díxome, e como non, se no interior estivestes sempre condenados ó ostracismo”.

No seu pregón Celsiño dixo que quixo falar das ostras como falaría das castañas do castiñeiros, “un froito gardado nun envoltorio protector, que como conta Quico Cadaval, nos soutos da costa varean en verde coma se fosen oliveiras, para que a castaña non se pudra ó caer ó chan. A xente varea as pólas para que caian os ourizos e ábrenos coas mans, porque as espiñas en verde inda non pican. Abrir e comer directamente do mar unha ostra é coma comer unha castaña apenas cocida en leite ó que lle engades unha area de sal”. Un pregón onde Celsiño dixo que Arcade é capaz de facer democrática a ostra “ nesta festa podemos comer coma reis e podemos comer coma curas”.

a-festa-da-ostra-vive-o-seu-dia-grande-cun-exito-de-participacion-e-de-venda-do-seu-produto-estrela

Tralo pregón o grupo Fernando Sánchez Jazz Cuartet amenizou, se cabe máis, a degustación de ostras e de Albariño de Soutomaior no Peirao de Arcade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.