As novidades editoriais volven sair á rúa no Porriño para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura da man da federación de Librarías de Galicia.
A Feira do Libro de Galicia, que leva polas catro provincias galegas os postos de venta de exemplares xestionados polos libreiros, recala no Porriño cunha extensa programación de actividades paralelas dirixidas a todas as idades como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros, etc… que fan deste evento unha cita de alto interese cultural.
A feira abreu hoxe as súas portas e extenderase ata o domingo 29 de maio. É no barrio de San Benito, onde porriñeses e visitantes poden disfrutar das propostas literarias das librarías participantes: Recondo, Paz, Copi Rey, Pedreira, Uróboros e o stand da Deputación de Pontevedra.

O acto de inauguración, contou coa autora porriñesa Sandra Estévez Calvar como pregoeira. As súas verbas acompañadas pola música da Asociación cultural Lumeirada deron o pistoletazo de saída a catro días de actividades que incluen a cinco autores locais máis: Beatriz Cabaleiro, Diego Giráldez, Andrea Martínez Baladrón, Sandra Burgos e Begoña Yglesias Porta.
O horario de apertura das instalacións será de 11-14 h e de 17-21 h. Cabe destacar que as librarías ofrecerán un 10 % de desconto en todos os libros.




