spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA Feira de Redondela reabrirá as súas portas o día 6 de...

A Feira de Redondela reabrirá as súas portas o día 6 de xuño “con todas as medidas se seguridade precisas”

A Feira de Redondela reabrirá as súas portas o día 6 de xuño “con todas as medidas se seguridade precisas”O vindeiro día 6 de xuño, a Feira de Redondela retomará a súa actividade logo dunha suspensión de case que dous meses provocada pola crise sanitaria da COVID-19 e pola declaración do estado de alarma e volverá a celebrarse, como era habitual, os días 6 e 21 de cada mes.

A alcaldesa Digna Rivas, reuniuse onte coa presidenta da Asociación Galega de Ambulantes Autónomos, Margarita González, e co portavoz de dita asociación, para estudar as condicións de reapertura da feira redondelá.

Trátase, sinalouse tras a reunión, “de establecer as condicións de seguridade sanitaria para esta actividade, medidas novas para unha nova situación á que todos e todas teremos que adaptarnos e que marca esta nova normalidade”.

Segundo as medidas que marca do Goberno para que os concellos poidan retomar a actividade das súas feiras e mercados ao aire libre, os postos terán que contar cun mínimo de 4 metros de distancia entre eles, por cada lado, mentres que a distancia frontal entre posto e posto, deberá contar cun mínimo de 6 metros coa recomendación engadida de non situalos un fronte a outro.

O mercado semanal de Redondela é un elemento dinamizador de primeira orde, explica o Goberno local, “xa que nel conflúen persoas chegadas dende todos os puntos, non só do municipio, senón tamén dos municipios limítrofes, veciñas e veciños que tamén aproveitan para utilizar os servizos do comercio local”.

Todos estes factores fan urxente o reinicio da actividade da Feira, apunta Digna Rivas, “pero para iso é preciso adoptar todas as medidas de seguridade necesarias para salvagardar a saúde tanto das persoas participantes coma das e dos ambulantes”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.