Inicio Galicia A fase clasificatoria do V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia...

A fase clasificatoria do V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia remata coa participación de 431 golfistas

fase-clasificatoria-V-Circuíto-Golf-Sénior-Turismo-Galicia-remata-participación-431-golfistas

A fase clasificatoria do V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia, organizado por este departamento da Xunta co obxectivo de fomentar a práctica deste deporte entre este segmento de poboación nas instalacións galegas, pechou este mes de xullo a súa fase clasificatoria coa participación de 431 golfistas de cinco comunidades autónomas distintas

Navarra, o País Vasco, Madrid, Cantabria e Asturias acolleron as probas previas deste torneo

O campo de golf de La Barganiza, en Asturias, acolleu a última proba clasificatoria deste torneo na que participaron 104 golfistas asturianos. Previamente, o V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia xa se celebrara nos campos de Ulzama (Navarra),o Real Club de Golf San Sebastián, Jaizkibel, (País Vasco), o Real Club de Golf La Herrería (Madrid), o Club de Golf de Pedreña (Cantabria), coa participación de 95, 60, 75 e 97 golfistas, respectivamente.

A final deste campionato celebrarase entre os días 6 e 9 de outubro en Pantón

Turismo de Galicia estableceu este ano catro premios nas categorías mastersénior, damas, handicap e scratch en cada unha das probas clasificatorias, de xeito que os catro gañadores en cada campo se enfrontarán na fase final que se celebrará entre os días 6 e 9 de outubro no campo OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort de Pantón.

Este torneo, no que participan homes de máis de 55 anos e mulleres de máis de 50, celébrase por quinto ano consecutivo e xa contou coa participación de máis de 2.200 golfistas ao longo dos seus cinco anos de historia.

Plan integral de Turismo de Galicia
No Plan Integral de Turismo de Galicia ven reflectida a necesidade de impulsar a promoción e o apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como a creación de campionatos de golf vencellados ao turismo termal.

Por iso, ata o ano 2016 estanse impulsando accións encamiñadas á promoción, á captación de máis turistas e ao establecemento de sinerxías con operadores nacionais e internacionais especializados no turismo de golf.

Deste xeito, entre as actuacións máis salientables destacan a participación en feiras sectoriais de golf, accións de promoción en medios de comunicación especializados en colaboración coas empresas xestoras dos campos, a realización de eventos Green Day para participantes amateurs, o lanzamento de ofertas de fins de semana multiexperienciais combinando turismo de golf con turismo termal ou rural, o desenvolvemento de paquetes pechados que consten de Green Fee e clases de iniciación ou perfeccionamento realizadas por monitores propostos pola Federación Galega de Golf e a Asociación Galicia, Destino Golf; e tamén a creación de paquetes turísticos, ofertando golf, aloxamento, termalismo e gastronomía, especialmente para o colectivo sénior.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies