spot_img
InicioBaixo MiñoA exposición “Re-construíndo os soños con ladrillos” achéganos ás construcións infantís e...

A exposición “Re-construíndo os soños con ladrillos” achéganos ás construcións infantís e a maquetas de monumentos tudenses

a-exposicion-re-construindo-os-sonos-con-ladrillos-acheganos-as-construcions-infantis-e-a-maquetas-de-monumentos-tudensesO Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a exposición “Re-construíndo soños con ladrillos” unha mostra de maquetas e construción infantís realizadas por Luis Arias Rodríguez, veciño de Tui e membro da Asociación Exin Castillos y West.

Revista Cousas De Nº19

Como sinala o propio maquetista, “co xoguete faise historia, dicía un anuncio dos anos 70 do pasado século, e nesta mostra cos ladrillos de Exin Castillos (de patente española) podemos construír e reconstruír soños, tanto dos nenos actuais como dos que, hai ano,s fomos nenos”.

Na exposición podemos contemplar maquetas con aventuras en castelos, cos Pitufos, con Shrek, con Lucky Luke, cos fortes do Oeste americano e mesmo a irredutible aldea gala de Asterix. Una escolma que nos permite xogar e imaxinar sen limites.

Completa a exposición diversas maquetas históricas de Tui: nesta caso a igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, un dos fitos patrimoniais tudenses, e as escavacións arqueolóxicas no seu subsolo, datadas nos últimos tempos do Imperio Romano e nos inicios da Alta Idade Media, ou a gran cruz monumental do monte Aloia, levantada pedra a pedra, no ano 1900.

Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, agradece o traballo de Luis Arias na montaxe desta exposición, que está convencida resultará de interese tanto para a rapazada tudense como para os adultos que evocaran os seus xogos e xoguetes de construción da súa infancia. Esta mostra permite achegarnos ao mundo das construcións e os xogos con Exin Castillos, pero tamén a unha parte escolmada do patrimonio cultural tudense, a través das maquetas realizadas con habelencia por Luis Arias Rodríguez.

Esta exposición está aberta ata o 5 de xaneiro, de luns a venres de  9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h, e os sábados de 9 a 13 h.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.