spot_img
InicioO MorrazoMarínA exposición monográfica de Manuel Torres poderá verse en Marin ata o...

A exposición monográfica de Manuel Torres poderá verse en Marin ata o 20 de xullo

a-exposicion-monografica-de-manuel-torres-podera-verse-en-marin-ata-o-20-de-xulloA mostra, exposta no museo municipal, fai un percorrido polas distintas etapas artísticas e vitais do pintor e expón obras dos fondos museísticos que non adoitan estar colocadas ao público

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A exposición de Manuel Torres comisariada polo xornalista e escritor Ramón Rozas e que impulsou o Consello da Cultura Galega, dentro do seu ciclo “Revisando a nosa arte”, poderá visitarse ata o 20 de xullo.

A mostra fai un interesante percorrido por toda a obra do noso pintor máis afamado, relacionándoa cos momentos clave da súa vida, que marcou enteiramente a súa prolífica creación artística, onde Marín sempre foi un faro de inspiración e referencia.

“Esta é unha oportunidade única de adentrarse na traxectoria de Manuel Torres e de ver obras que normalmente non están expostas nas salas, aínda que forman parte dos fondos museísticos”, explican fontes municipais.

A maiores, esta mostra serve como prolegómeno das actividades que o Concello organizará de cara ao 2026, ano no que se cumpren 125 anos do nacemento do artista.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.