spot_img
InicioBaixo MiñoA exposición «Cartografía da Raia» expoñerá en Tui a delimitación histórica da...

A exposición «Cartografía da Raia» expoñerá en Tui a delimitación histórica da fronteira con Portugal ao longo do Miño

O AECT Rio Minho estudará os problemas de mobilidade transfronteiriza grazas á aprobación dun novo proxecto europeoO Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Tui, organizan a exposición «Cartografía da Raia», que mostra a evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ao longo do Río Miño

Revista Cousas De Nº20

A exposición temporal presenta cartografía histórica de Galicia e a provincia de Pontevedra, con especial fincapé na zona obxecto da exposición: a fronteira luso-española, incluíndo, entre outros, mapas costeiros e de zonas fluviais en Baiona, Tui ou Salvaterra de Miño.

A mostra recolle láminas ilustrativas achega do Tratado de Límites entre ambas as nacións e o seu desenvolvemento histórico ata a actualidade, así como os métodos e instrumentos empregados ao longo da historia para a representación xeométrica da Raia e outras fronteiras internacionais.

A exposición poderase visitar de forma libre e gratuíta no edificio Francisco Sánchez de Tui, ata o 10 de febreiro (de 9 a 14 h e de 16 a 21 h, de luns a venres; de 9 a 13 h, os sábados).

Na mesma localización, o mércores 31 de xaneiro, ás 19 h, terá lugar a conferencia «Traballos de delimitación na Raia», con entrada libre ata completar aforo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.