spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo conmemora os seus...

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo conmemora os seus 130 anos coa publicación dun catálogo

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo conmemora os seus 130 anos coa publicación dun catálogoNumerosos ex alumnos e profesores participaron neste traballo que “reivindica a memoria” da cidade

Revista COUSAS DE nº14

O alcalde participou na presentación do catálogo da exposición conmemorativa dos 130 anos da Escola de Artes e Oficios e advertiu que este traballo “é moito máis que un simple catálogo; é un gran libro que sintetiza unha parte esencial da historia de Vigo e das persoas que formaron parte desta institución”. O rexedor felicitou ao coordinador e editor do catálogo, José Luis Mateo, e a Rafael Ojea, director en funcións da EMAO, recentemente xubilado.

Caballero destacou o nacemento da escola “pola propia necesidade da cidade”. “No momento no que chegou a Vigo a revolución industrial precisábanse modos de produción distintos e formación de man de obra en distintas disciplinas. A escola foi a gran protagonista da revolución formativa ante a ausencia doutras entidades”. O rexedor asegurou que o catálogo logra sintetizar toda esa revolución e reivindicar as raíces e a memoria de Vigo.

Pola súa banda, o historiador José Luis Mateo, destacou o obxectivo do catálogo de ser “unha mostra da importancia que tivo a escola na creación dun modelo formativo desde 1876 ata a actualidade”. Este modelo, indicou, “tivo como principal característica ser interclasista e formar tanto ás clases burguesas como ás populares e deu pé á promoción de numerosos emprendedores vinculados á construción e á produción de metal”.

Xunto a Mateo, no libro colaboraron especialistas como Elena Durán, do Instituto de Estudos Vigueses; o catedrático Antón Costa Rico, autor do prólogo; Beatriz San Ildefonso, conservadora do Museo Pontevedra, Alejo Amoedo ou Iria Presa, entre outros.

No acto estiveron presentes María Jesús Cuesta, comisaria da exposición xunto a Mateo, e numerosos ex alumnos da escola que participaron na exposición -celebrada entre os meses de xuño a outubro de 2019- e no posterior catálogo.

Editáronse 300 libros e os interesados poden solicitalo na EMAO.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.