Cos seus máis de 25 anos de experiencia no campo do ensino musical, a Escola de Música Municipal de Baiona organiza clases gratuítas para novos alumnos
A Concellería de Cultura, a través da Escola de Música Municipal de Baiona, cuxa función sempre foi o brindar un ensino de calidade en todas e cada unha das materias impartidas, pon ao dispor das interesadas-os unha nova iniciativa co fin de dar a coñecer o gran abanico de actividades e opcións instrumentais
A iniciativa en cuestión vai destinada a nenos desde os 4 anos e por suposto a adultos sen límite de idade. Os máis novos (4 e 5 anos), gozarán dunha clase gratuíta onde o obxectivo é sen dúbida “aprender xogando”.
A partir dos 6 anos poderase asistir a unha clase (igualmente gratuíta) de FRAUTA TRAVESERA, TROMPETA, TROMBÓN, CORO, BATUCADA, cuxos días e horario especifícanse a continuación:
- MÚSICA E MOVEMENTO (para nenos-as de 4 anos) LUNS 2 DE DECEMBRO DE 17:45 – 18.30
- MÚSICA E MOVEMENTO (para nenos-as de 5 anos) MÉRCORES 4 DE DECEMBRO DE 17:45-18.30
- BATUCADA (para nenos-as a partir dos 10 anos e sen límite de idade) LUNS 2 DE DECEMBRO DE 18:30 A 19:30
- TROMPETA E TROMBÓN (desde os 6 anos) MARTES 3 DE DECEMBRO DE 16 A 17 H
- CORO (desde os 6 anos) MÉRCORES 4 DE DECEMBRO DE 18 A 19 H
- FRAUTA TRAVESERA (desde os 6 anos) MÉRCORES 4 DE DECEMBRO DE 16 A 17 H
- CLARINETE (desde os 6 anos) mércores 11 de DECEMBRO DE 16 A 17 H
Dende a Concellería de Cultura subliñan a importancia da música como “unha ferramenta poderosa para extraer o mellor de cada un, axundándonos tamén na nosa formación”





