spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoA Escola de Artes e Oficios de Vigo e as súas especialidades...

A Escola de Artes e Oficios de Vigo e as súas especialidades renden homenaxe a Castelao cunha esposición de producción propia

a-escola-de-artes-e-oficios-de-vigo-e-as-suas-especialidades-renden-homenaxe-a-castelao-cunha-esposicion-de-produccion-propiaA Escola de Artes e Oficios de Vigo rende homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Castelao cunha esposición de producción propia, na que o alumnado e mestres das diferentes especialidades da Escola presentan a súa particular visión deste personaxe universal. 

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Como cada ano ao remate de cada curso académico, a EMAO programa a produción dunha exposición cos resultados dun proxecto que, partindo dunha idea xeradora única, dea lugar a interpretación, despregue do traballo e saber facer dos distintos talleres.

a-escola-de-artes-e-oficios-de-vigo-e-as-suas-especialidades-renden-homenaxe-a-castelao-cunha-esposicion-de-produccion-propia

Neste ano 2025, a escola e as súas especialidades rende homenaxe, no Ano dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo 75 cabodano do seu pasamento, ao polifacético persoeiro da cultura e da política, figura clave na historia recente do noso país, e considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea.

Esta exposición estará aberta entre os días 20 de xuño e o 17 de outubro de 2025 (pechada o mes de agosto).

A EMAO súmase así á multitude de actos e homenaxes que, por toda Galicia, se están a desenvolver neste ano, salientando a obra do pintor, debuxante, humorista, escritor, pensador e político. O alumnado e mestres das diferentes especialidades da Escola presentan a súa particular visión deste personaxe universal.

a-escola-de-artes-e-oficios-de-vigo-e-as-suas-especialidades-renden-homenaxe-a-castelao-cunha-esposicion-de-produccion-propia

 

FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: “Castelao na EMAO”
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro.
Datas: do 20 de xuño ao 17 de outubro de 2025 (agosto pechado)

Horario:
– Do 20 de xuño ao 30 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
– Do 1 de xullo ao 12 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
– Do 15 de setembro ao 17 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h

a-escola-de-artes-e-oficios-de-vigo-e-as-suas-especialidades-renden-homenaxe-a-castelao-cunha-esposicion-de-produccion-propia

Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafía artística e Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, CAIM Gaita, Moda e confección, Ourivería, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2025
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.