spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA entrega dos Premios de Educación Concello da Guarda 2023 será o...

A entrega dos Premios de Educación Concello da Guarda 2023 será o 30 de outubro

a-entrega-dos-premios-de-educacion-concello-da-guarda-2023-sera-o-30-de-outubroO acto terá lugar o luns 30 de outubro no Salón de Plenos da Casa dos Alonso no Concello da Guarda

Revista Cousas De Nº19

Un ano máis dende o Concello da Guarda celebrarase a cerimonia de premios dos estudantes máis laureados no ámbito educativo no curso 2022-2023, tanto por expediente académico como por esforzo persoal. Un acto que será máis tarde ca anos anteriores dado o recente cambio de goberno municipal.

As bases reguladoras xa están expostas na web do Concello da Guarda e poden optar a eles alumnos dos seis centros educativos da vila, o CEIP A Sangriña, o CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, o IES A Sangriña, o Colexio P.P. Somascos – Fundación Educere e o Colexio Plurilingüe San Xosé da Guarda.

O acto terá lugar o luns 30 de outubro no Salón de Plenos da Casa dos Alonso no Concello da Guarda, un acto público ao que novo equipo de Goberno municipal convida a toda a cidadanía a estar presente e poñer en valor o esforzo e talento da mocidade da nosa vila no ámbito educativo e académico, nunha cerimonia na que estarán presentes tanto o Alcalde, Roberto Carrero, como o Concelleiro de Educación, Aser Estévez, así como outros membros do novo equipo de Goberno guardés.

Serán agasallados por parte do Concello da Guarda un total de 28 estudantes, 2 premios destinaranse ao alumnado de Ciclo Superior, 3 para o alumnado de Ciclos Medios, 5 premios para o alumnado de 2º Bacharelato, 8 premios para os estudantes de 4º ESO, dos cales 4 serán do IES A Sangriña, 2 do Colexio  P.P. Somascos – Fundación Educere, e 2 do Colexio Plurilingüe San Xosé da Guarda; e 10 premios para o alumnado de 6º de Primaria dos cinco centros da vila: o CEIP A Sangriña, o CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas –Nicolás Gutiérrez Campo, o Colexio P.P. Somascos – Fundación Educere e o Colexio Plurilingüe San Xosé da Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.