spot_img
InicioVal MiñorNigránA emoción e a gratitude regresaron ao Auditorio Municipal na Gala dos...

A emoción e a gratitude regresaron ao Auditorio Municipal na Gala dos “X Premios Nigrán”

A emoción e a gratitude regresaron ao Auditorio Municipal na Gala dos "X Premios Nigrán"O acto institucional recuperou o formato pre-pandemia coa  súa habitual presentadora Cristina Maró e, nesta ocasión, a pianista Brenda Vidal para amenizalo

A recoñecida pianista e veciña de Nigrán Brenda Vidal foi a encargada de abrir este sábado coa súa música en directo a xa tradicional gala dos ‘X Premios Nigrán’. Novamente a emoción e  a gratitude regresaron ao escenario do Auditorio Municipal despois de dous anos sen poder celebrarse este acto institucional por mor da pandemia. A súa habitual presentadora, a actriz Cristina Maró, acompañada coma sempre dunha intérprete en lingua de signos, conducíu esta gala aberta á veciñanza e coa presenza de toda a corporación co alcalde Juan González á cabeza, quen entregou a cada un dos homenaxeados o galardón deseñado ex-profeso no 2016 por Juan Coruxo.

Os galardoados foron no eido social as asociacións veciñais e culturais ‘A Camoesa’; no educativo ‘CEIP Humberto Juanes’; no empresarial Bar Camoes; no deportivo, Asociación de Escolas de Surf de Patos; e no Cultural, Teatro do Ar

Un espectacular video promocional do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso pola localidade producido desde o Concello precedeu ao momento máis esperado da noite: a entrega dos cinco premios e, por vez primeira, tres mencións especiais.

Revista COUSAS DE Nº13

“Sodes entidades e persoas que co voso traballo, constancia, cariño e esforzo tedes contribuído a por en valor a Nigrán, facendo del un municipio máis amigable, respectado e comprometido e do que sentirmonos orgullosos, por iso merecedes este recoñecemento público de toda a veciñanza”, referíu o rexedor no seu discurso.

Igualmente, entregáronse por vez primeira tres mencións especiais: ao maquetista Feliciano Figueiró e aos hostaleiros retirados Horacio Gomes e Gustavo Vidal, fundadores do Venus e El Refugio del Pescador respectivamente

A continuacón, tal e como acordou unánimemente a corporación, foron entregados os respectivos premios precedidos de cadanseu pequeno vídeo documental resumindo a súa traxectoria.

A pianista e directora do Conservatorio Profesional de Gondomar, Brenda Vidal, amenizou esta parte da gala intercalando música en directo. Así, sucesivamente recibiron o galardón Social as asociacións veciñais e culturais ‘A Camoesa’; o Deportivo, Asociación de Escolas de Surf de Patos;  o Educativo, ‘CEIP Humberto Juanes’; o Cultural, Teatro do Ar; e o Empresarial, Bar Camoes. Finalmente, achegáronse aos seus respectivos protagonistas as tres mencións especiais: aos hostaleiros retirados Gustavo Vidal e Horacio Gomes, fundadores de El Refugio del Pescador e o Venus respectivamente, e ao maquetista Feliciano Figueiró. Finalmente, Brenda Vidal pechou esta gala dos ‘X Premios Nigrán’ na que, como ven sendo habitual nos concertos, foi empregado o piano de cola do Concello de Nigrán.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.