O próximo 7 de xuño a Biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo acojerá un seminario sobre Conservación e Restauración de Téxtiles de Confrarías e Irmandades da man da Real Fábrica de Tapices
Durante o evento daranse algúns consellos básicos para prolongar a duración dos téxtiles. Por exemplo, a que temperatura deben almacenarse, como manipulalos para evitar que rompan as fibras, a que grao de humidade deben estar expostos e que medidas adoptar para evitar que aniñen neles avelaíñas ou calquera outro insecto.
O seminario será presentado polo director da Real Fábrica de Tapices, Alejandro Klecker, que explicará a orixe, a evolución e os principais personaxes que configuraron a Historia da Real Fábrica de Tapices (RFT). A continuación, a directora de Restauración da RFT, Verónica García, abordará o proceso de conservación e restauración de téxtiles históricos.
Na xornada tamén participará Almudena López, especialista en Tinguiduras da institución, que destacará a importancia da tinción e a avaliación da cor nos procesos de restauración téxtil. Tamén revelará as claves do proceso de tinción na Real Fábrica de Tapices onde sustentabilidade, reversibilidade e respecto pola peza orixinal son cuestións fundamentais.