spot_img
InicioGaliciaA directora, actriz e guionista Sonia Méndez dirixirá a gala dos XVII...

A directora, actriz e guionista Sonia Méndez dirixirá a gala dos XVII Premios Mestre Mateo

O Palacio da Ópera da Coruña, acollerá o 2 de marzo a entrega dos galardóns da XVII edición dos Premios Mestre Mateo,nunha gala que estará dirixida pola actriz, guionista e directora Sonia Méndez.

Este xoves, 7 de febreiro, comeza a carreira polos galardóns máis desexados do audiovisual galego. A Academia Galega do Audiovisual anunciará nun acto conducido polos comunicadores Nieves Rodríguez e Adrián Díaz os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da XVII edición dos Premios Mestre Mateo.

Ao longo das últimas semanas, os académicos e académicas elixiron cos seus votos a 4 finalistas en cada unha das vinte cinco categorías entre as máis de 400 candidaturas presentadas. O xoves pola mañá coñeceremos os seus nomes, nunha lectura que se poderá seguir en directo a partir das 12h30 nas redes sociais da Academia e en streaming na web da Televisión de Galicia. A partir de aí comezará a loita polos galardóns, que se entregarán o sábado 2 de marzo no Palacio de la Ópera da Coruña, nunha gala que estará dirixida pola actriz, guionista e directora Sonia Méndez.

Sonia Méndez Alonso (Vigo, 1980)  ten unha longa traxectoria no campo da interpretación, dirección e produción audiovisual. Formada en diversas escolas de interpretación, guión, dirección de intérpretes, construción dramática e realización: Espacio Aberto (Compostela), Centre de Estudis Cinematográfics (Barcelona), Interpretación e Arte Dramática (USC), Escuela Internacional de Cine y TV de CUBA (EICTV) e Escola de Imaxe e Son de A Coruña (EIS).

Dirixe, guioniza e produce as curtametraxe: Perversa LolaLeo y Mario (se dejan)As Damas NegrasConversa cunha muller mortaCafé-Bar Santos PeluqueríaEi, Guapa para a longametraxe colectiva Visións e a serie web Angélica y Roberta. Recentemente dirixe a serie dixital Antes de Perder.

Actúa en películas como Rafael de Xavier Bermúdez, Una mujer invisible de Gerardo Herrero o El sexo de los de los ángeles de Xavier Villaverde e en series de televisión como Terras de MirandaOs AtlánticosSerramoura na TVG ou Cuéntame en TVE. Dende 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais do estado.

Fuente//Academia Galega do Audiovisual

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.