spot_img
InicioO SalnésA desembocadura do Umia e o Esteiro da Seca lugares perfectos para...

A desembocadura do Umia e o Esteiro da Seca lugares perfectos para a observación de espátulas e aves limícolas

Foto cortesia Concello de Cambados

A cercanía da ensenada do Val do Grove e desembocadura de ríos como o Umia converten o lugar nun enclave perfecto para a observación de aves

Así, tanto o Esteiro da Seca como a propia desembocadura do Umia, enmarcados dentro do Complexo Intermareal Umia-Grove-Ons, pertenecente a Red Natura, son espazos onde se poden contemplar diversas aves de interés ornitolóxico, tales como as aves limícolas, vencelladas a humedais e areais costeiros, con adaptacións evolutivas especiais en patas e picos para alimentarse de miñocas, pequenos crustáceos e moluscos que habitan na zona Intermareal.

Destaca el espacio natural de la ensenada de O Bao, donde podemos ver especies como la Garza Real, Zarapitos, Ánades, Correlimos… entre muchas otras

As limícolas conviven neste espazo con outras especies emblemáticas como as increíbles espátulas e con outras máis comúns como gaivotas, patos e garzas, de xeito que o espectáculo para observar a natureza en vivo está garantido. Bastan uns prismáticos, un pouco de paciencia e percorrer a pie os diversos itinerarios do litoral cambadés para observar, identificar e contar aves de diversas especies, sempre, eso si, sen facer barullo nin ocasionar molestias e respetando o seu hábitat.

O complexo intermareal na desembocadura do peculiar río Umia. Foto cortesía Mancomunidade do Salnés

O lugar está considerado pola Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) como un dos lugares de invernada e paso de aves acuáticas máis importante do litoral norte peninsular. Elévanse ata quince mil o número de acuáticas invernantes, incluíndo medias de case catro mil anátidos e dez mil limícolas.

É este un dos espazos máis importantes, desde o punto de vista ambiental de Galicia. Abrangue os territorios máis próximos ao mar dos municipios de Cambados, Meaño, Illa de Arousa (Punta Carreirón),, Meaño, Sanxenxo e O Grove

O espazo protexido tamén inclúe o treito costeiro exterior da península grovense, entre os lugares de Reboredo e San Vicente do Mar. Aquí figura a lagoa Bodeira, única neste sector litoral das Rías Baixas. Tamén, o ascenso ao monte Siradella, o punto máis elevado que goza desde os seus modestos 159 metros de altitude das mellores vistas a este complexo natural de primeira orde.

No interior da ría, un bo lugar para o paseo é a ruta pola Punta Carreirón, na tranquilidade da illa de Arousa.

- Publicidade -spot_img