spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Deputación organiza na Serra da Groba unha xornada de retirada de...

A Deputación organiza na Serra da Groba unha xornada de retirada de “basuraleza” ao abeiro do Proxecto Libera

A Deputación organiza na Serra da Groba unha xornada de retirada de “basuraleza” ao abeiro do Proxecto LiberaLevarase a cabo unha acción de recollida e clasificación do lixo en grupos de seis persoas debido ás restricións da Covid

A Deputación de Pontevedra organiza unha nova xornada de retirada de “basuraleza” ao abeiro do Proxecto Libera, no marco da campaña “1m2 por praias e mares”, que se desenvolverá este vindeiro sábado 12 de decembro na Serra da Groba, no concello de Baiona. As persoas voluntarias interesadas en participar poden inscribirse a través do formulario que atoparán na web  da institución provincial (www.depo.gal).

O obxectivo desta xornada é liberar basuraleza deste espazo, pero tamén tipificar e caracterizar o tipo de residuos recollidos nestes puntos mediante unha metodoloxía estandarizada. A actividade terá unha duración de 2 horas e os grupos estarán formados por un máximo de 6 persoas, polas restricións da Covid-19.  As e os participantes contarán cunha app que lles axudará a introducir e compartir os resultados, que serán incorporados ás bases de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e servirán para buscar estratexias máis eficientes e efectivas para acabar con este grave problema ambiental.

O Proxecto Libera, iniciativa de SEO/BirdLife e Ecoembes, facilitaralle ás persoas voluntarias o material necesario para desenvolver a actividade: luvas, bolsas de distintas cores para segregar os residuos (azuis, amarelas, verdes e negras) e  se fará cargo do seguro das e dos participantes. Hai que destacar que o Proxecto Libera traballa a través de todas as súas accións para axudar a conseguir cinco dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Máis polo miúdo, contribúe á Educación de Calidade (ODS 4), á Acción polo Clima (13); Vida submarina (14); Vida dos ecosistemas (15) e Alianzas para lograr os Obxectivos (17).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.