spot_img
InicioCondado ParadantaA Deputación leva ata Salceda a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha...

A Deputación leva ata Salceda a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”

a-deputacion-leva-ata-salceda-a-mostra-itinerante-pontevedra-e-america-unha-mirada-en-femininoA Deputación leva ata Salceda a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, para poñer en valor ás mulleres da emigración

Revista Cousas De Nº22

“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, a mostra itinerante da Deputación e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para poñer en valor a historia de trece mulleres cuxo nexo de unión é a emigración e a relación entre Pontevedra e o outro lado do Atlántico, chegou este luns a Salceda de Caselas. A exposición, que foi inaugurada pola deputada de Igualdade Sandra Bastos, poderá visitarse ata o 17 de outubro na Praza do Concello.

“Cando pensamos na emigración –asegurou a deputada- acostumamos esquecer o papel que desenvolveron as mulleres”. “Elas –engadiu Sandra Bastos- foron fundamentais e desempeñaron un papel decisivo para o desenvolvemento da vida económica, social e tamén persoal de Galicia e América, marcando fitos en diferentes ámbitos como a educación ou a defensa da lingua”.

Bernarda Pereira, Blanca Rodríguez, Margarita Bilbatúa, Sofía Novoa, Concepción Pazo, Chita Lamas, Rosina Villaverde, Antía Cal, Reyna Pastor, Concha Nogueira, Isaura Abelairas, María Xosé Porteiro e Noemí Cendón son as protagonistas da exposición. Mulleres, todas elas, para as que Pontevedra marcou unha parte importante da súa experiencia vital e, ao mesmo tempo, mantiveron vínculos e vivencias en terras americanas. O tempo transcorrido en Pontevedra e o vivido en América, se ben distintos en época, duración ou circunstancias persoais, entre outros factores é o que as une a todas. Para unhas América constitúe o seu lugar de nacemento, outras mantiveron unha intensa e prolongada vivencia naqueles países, sendo noutros casos a estadía máis curta, pero non menos intensa.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Tras pasar xa por Pontevedra, Vigo, Lalín, Cerdedo-Cotobade, O Porriño, Baiona e chegar agora a Salceda, onde poderá visitarse ata o 17 de outubro, a mostra “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino” continuará neste 2024 o seu percorrido polos concellos da provincia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.