spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo cunha nova cata no Castelo de Soutomaior

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’A Deputación de Pontevedra, xunto coa Ruta do Viño Rías Baixas, organiza o vindeiro domingo 10 de novembro no Castelo de Soutomaior unha cata de viños a cargo do sumiller Nacho Costoya con motivo do Día Mundial do Enoturismo. 

Revista Cousas de Nº23

En concreto a cata constará de dúas fases. Nunha primeira, os asistentes poderán degustarán os cinco viños DO Rías Baixas que presentará Nacho Costoya e, nunha segunda, que será totalmente a cegas, degustarán tres dos cinco viños, debendo acertar para gañar. Entre os gañadores sortearase un “eno-pack” para dúas persoas, que comprende aloxamento en media pensión e visita a unha adega da Ruta do Viño Rías Baixas. Ademais, todos os asistentes recibirán un regalo sorpresa por participar no acto.

A cata pecharase cunha degustación, amenizada con música en directo, na que colabora ANFACO-CECOPESCA. A actividade contará cun centenar de prazas e as persoas interesadas poderán formalizar a súa entrada proximamente a través da web do Castelo de Soutomaior.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.