spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na...

A Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando o papel das mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas

a-deputacion-conmemora-o-dia-internacional-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-visibilizando-o-papel-das-mulleres-pioneiras-na-investigacion-e-nas-ciencias-marinasA Deputación de Pontevedra conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando o papel das mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas.

Revista Cousas de Nº24

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar no CIFP Manuel Antonio de Vigo a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, unha mostra a través da cal se achegan “referentes femininos no ámbito científico e tecnolóxico” á mocidade e tamén se recoñece “o papel clave que desenvolveron e desenvolven moitísimas mulleres nas disciplinas STEAM”.

“Necesitamos rachar cos estereotipos de xénero nas STEAM” subliñou Bastos quen insistiu na importancia de traballar desde a base e os centros educativos para poder construír unha sociedade onde “as nenas non vexan limitadas as súas capacidades para dedicarse ao que desexen, sexa tecnoloxía, sexa ciencia, sexa enxeñería ou matemáticas”. Por estes motivos, no décimo aniversario do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a deputada de Igualdade apelou á necesidade de “recoñecer o papel clave das mulleres científicas” e de “dar a coñecer o papel que desenvolven e desenvolveron nestes ámbitos para construír modelos de conduta que inspiren ás nenas e ás mozas”.

Con “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, a Deputación de Pontevedra está a trasladar a historia de mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas, pero tamén de mulleres que dedicaron e dedican a súa vida aos oficios do mar e representan “á perfección que non se entende a economía e a sustentabilidade do mar sen a súa participación activa”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.