spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA Deputación concédelle 341.863,53 euros ó Concello de Cangas para realizar obras...

A Deputación concédelle 341.863,53 euros ó Concello de Cangas para realizar obras do Plan de Obras e Servizos

Deputación-concédelle-341.863,53 euros-Concello-Cangas-Plan-Obras-ServizosOs tres proxectos aprobados, que serán financiados con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos, ascenden a 341.863,53 euros de orzamento: 201.157,74 euros para pavimentar camiños e vías en varias parroquias do municipio; 72.217,16 euros para adaptar a Casa do Médico do Hío como consultorio; e 72.217,16 euros para acondicionar a rúa David Cal, en Vilariño.

Mellora nos camiños

Segundo o proxecto aprobado pola Deputación, vanse reparar e pavimentar os camiños Tartoucido (Aldán), Armeles (O Hío), Longan I e Longan II (Coiro), e os da Rocha, San Pedro I, San Pedro II e Regueiro, na parroquia de Darbo.

Estas  obras inclúen, ademais, a limpeza das marxes das estradas e camiños nos que se vai traballar, o acondicionamento do firme  existente e unha nova pavimentación das vías, traballos cos que se  mellorará a circulación nas zonas sinaladas e se garantirá unha mellor seguridade viaria.

Un consultorio na Casa do Médico

A Deputación tamén deu luz verde á demanda dos veciños do Hío para habilitar a Casa do Médico da parroquia como consultorio. Construída nos anos corenta para facilitar a atención sanitaria no lugar, despois de varias ampliacións ó longo do tempo, na actualidade o edificio atópase nun estado case ruinoso, con gretas e desprendementos na súa estrutura.

Con este proxecto o que se quere é adaptar a funcionalidade orixinaria da edificación ás esixencias de accesibilidade e seguridade actuais. Contémplanse a mellora dos accesos ó edificio e a ampliación dos corredores e aseos na planta baixa, así como a rehabilitación e o acondicionamento de todos os cuartos para dispoñer dunha sala de consulta médica, unha enfermería, unha zona de vestiario e almacenaxe e unha recepción.

O proxecto, aprobado na Xunta de Goberno deste venres, tamén recolle a preparación do piso superior da casa como unha sala de usos múltiples para o gozo veciñal.

O orzamento destas obras ascende a 68.487,63 euros.

Urbanización da rúa David Cal

En Vilariño a Deputación atenderá á necesidade de acondicionamento da rúa David Cal.

Na actualidade o espazo conta con instalacións acordes á súa densidade poboacional que requiren dunha mellora nos seus servizos. Así, vanse mellorar e acondicionar as actuais instalacións de saneamento de augas pluviais e de iluminación pública e construiranse beirarrúas. Con estes traballos non só se promove unha completa urbanización da rúa senón que se atende a unha mellor seguridade viaria dos peóns.

- Publicidade -spot_img