spot_img
InicioVal MiñorNigránA Deputación concede a Nigrán un préstamo de 344.000 € sen intereses...

A Deputación concede a Nigrán un préstamo de 344.000 € sen intereses para a adquisición dun terreo en Porto do Molle para a construción dunha nave de almacenaxe

A presidenta da Deputación entrega un anticipo ó Concello de Nigrán no marco da nova forma de xestión do goberno provincial
A presidenta da Deputación entrega un anticipo ó Concello de Nigrán

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou o pasado venres un convenio co Alcalde de Nigrán, Juan González, mediante o cal a institución provincial concede un préstamo de 344.000 € sen intereses para a adquisición dun terreo no Polígono Industrial de Porto do Molle para a construción dunha nave de almacenaxe de vías e obras.

Carmela Silva asegurou que “este é o camiño que queremos seguir: ter clara a finalidade da firma do convenio, os custes que se aforran, os beneficios que se prestan e os proxectos que se van a desenvolver”
O Alcalde de Nigrán, Juan González, destacou que “estábamos pagando un aluguer desmesurado por unha nave industrial de 3.500 €  ó mes, malgastando os cartos públicos. Grazas á Deputación de Pontevedra pasaremos a construír, nun terreo no Polígono Industrial de Porto do Molle, unha nave de almacenaxe de vías e obras que suporá un investimento para todos os veciños de Nigrán”. Ademais o Alcalde sinalou que mentres se constrúe a nave de almacenaxe “alugaremos unha nave bioclimática no Polígono de Porto do Molle que nos suporá 1.600 € ó mes fronte ós 3.500 € que estábamos a pagar”.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, pola súa parte, destacou que a firma do convenio para a cesión do anticipo de 344.000 € ó Concello de Nigrán “forma parte do novo modelo de xestión do goberno provincial dentro da política de anticipos que consiste en ter claro a finalidade da firma do convenio, os custes que se aforran e os proxectos que se van a desenvolver”.

Incluimos nota de prensa relacionada co asunto:

NdP 0831 El PP advierte de que alquilar una nave de 600 m2 no resuelve sino que crea más problemas

 

- Publicidade -spot_img