spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Deputación concede 60.500 euros ao Concello de Baiona para redactar o...

A Deputación concede 60.500 euros ao Concello de Baiona para redactar o Plan Especial de dotación de infraestructuras”As Costeiras”

Ten por obxectivo permitir o desenvolvemento dunha serie de infraestruturas relacionadas co deporte, o ocio e o turismo

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dunha axuda ao Concello de Baiona, por valor de 60.500 euros, para a redacción do Plan Especial de dotación de infraestruturas <As Costeiras>.

O PXOM Baiona delimita un espazo para unha Área Deportiva. O seu desenvolvemento está suxeito á previa redacción dun Plan Especial de dotación de infraestruturas denominado <As Costeiras>.

Con esta actuación, o Concello pretende construír no futuro unha serie de infraestruturas relacionadas co deporte, o ocio e o turismo que virán a completar a oferta turística e deportiva de Baiona e posibilitarán a creación de postos de traballo ao tempo que servirán de acicate e revitalización do turismo e do desenvolvemento económico da comarca.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.