spot_img
InicioVal MiñorNigránComezan as obras de humanización da Avda. Castelao en Nigrán

Comezan as obras de humanización da Avda. Castelao en Nigrán

Auditorio Nigrán
Adxudicada a humanización parcial da Avda. Castelao de Nigrán por valor de 218.456 euros

O Concello de Nigrán informa que o tráfico rodado pola Avda. Castelao entre a PO-552 e cálea Alcalde Manuel Alonso permanecerá cortado ao tráfico desde o sábado 22 de novembro

As obras de peonalización parcial da Avda. Castelao, que converterán o tramo desta rúa entre a PO-552 e Alcalde Manuel Alonso nun espazo de lecer e esparexemento con parque infantil no corazón de Nigrán comezarán o vindeiro luns. A actuación, cuxa investimento ascende aos 218.456 euros, será financiada na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra, dentro dun plan de obras e servizos.

O proxecto contempla a creación dun espazo de lecer e esparexemento dotado de zonas verdes, parque infantil e bancadas, “convertendo un espazo neurálxico do municipio, fronte á Casa Consistorial, nunha zona de lecer e esparexemento para os veciños, e especialmente para os máis pequenos, xa que o proxecto contempla a instalación dun parque infantil e zonas verdes, ademais de dinamizar a actividade hostaleira e comercial no centro de Nigrán”, comentan desde o Concello.

Corte de tráfico
Con motivo do comezo das obras, o Concello de Nigrán informa que desde  sábado 22 de novembro, cortarase o tráfico na Avda. Castelao, entre a PO-552 e a rúa Alcalde Manuel Alonso.

- Publicidade -spot_img