spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Deputación colabora co Concello de Baiona na posta en marcha dun...

A Deputación colabora co Concello de Baiona na posta en marcha dun novo proxecto piloto de compostaxe

a-deputacion-colabora-co-concello-de-baiona-na-posta-en-marcha-dun-novo-proxecto-piloto-de-compostaxeO novo programa céntrase en converter os restos orgánicos dun centro de día local en compost de alta calidade que se empregará para cultivar unha horta ecolóxica

Revista Cousas de nº21

A Deputación de Pontevedra está a colaborar co Concello de Baiona para poñer en marcha un innovador proxecto de compostaxe nun centro de día do municipio, co obxectivo de promover prácticas sostibles e fomentar a participación comunitaria. O obxectivo é tratar os residuos en orixe e pechar o ciclo de vida dos materiais, polo que o proxecto céntrase en converter os restos orgánicos do centro de día en compost de alta calidade que será empregado, despois, para cultivar unha horta ecolóxica, que proporcionará ingredientes frescos e saudables para os usuarios.

Esta iniciativa conta coa participación activa dos adultos maiores do centro de día, que son os encargados  de xestionar a horta, polo que este novo proxecto non só promove un estilo de vida activo e saudable entre os usuarios, senón que tamén fomenta un sentido de comunidade e conexión co medio ambiente. Ademais dos seus beneficios ambientais e sociais, ofrece unha alternativa creativa e entretida para os usuarios do centro, que teñen a oportunidade de participar en actividades relacionadas coa xardinería e a agricultura.

Para poñer en marcha o proxecto, os técnicos de residuos da Deputación de Pontevedra realizaron unha formación co persoal do centro de día e os usuarios, na que estivo presente tamén a concelleira de Política Social de Baiona, Ana Iglesias Rodríguez. Nela, explicaron o funcionamento dos composteiros, detallaron o tipo de materiais que se poden compostar e, entre outras cuestións, as fases do proceso. Grazas a este novo proxecto que pon en marcha a Deputación de Pontevedra, conseguirase un dobre obxectivo: por unha banda, redúcese a cantidade residuos producidos e, pola outra, promóvese a sostibilidade e a economía circular na comunidade.

- Publicidade -spot_img