spot_img
InicioCondado ParadantaA Cultural Veterana de Salceda emociona no seu reencontro

A Cultural Veterana de Salceda emociona no seu reencontro

a-cultural-veterana-de-salceda-emociona-no-seu-reencontroA xuntanza de excompoñentes da Banda Cultural de Salceda reúne a máis de 80 instrumentistas

Revista Cousas de Nº24

O Auditorio Municipal de Salceda acolleu o pasado sábado a actuación da Cultural Veterana, unha agrupación de instrumentistas que formaron parte da Banda Cultural de Salceda, ou que permanecen na mesma cando menos dende fai 20 anos. O concerto, que se celebrou con dobre sesión pola grande demanda de público, estivo dirixida por Francisco Pérez, quen fora director da Cultural entre os anos 1996 e 2004.

A iniciativa xurdiu dun grupo destes músicos e músicas veteranos, que logo dun longo traballo de localización conseguiron crear un grupo de whtassap de 136 persoas que cumprían os requisitos para formar parte da Veterana. Finalmente, nesta primeira xuntanza, subíronse ao escenario un total de 86 instrumentistas, que en moitos casos facía máis de 20 anos que non collían o instrumento. Importante foi tamén a presenza de músicos profesionais saídos da Banda Cultural e que na actualidade forman parte das mellores orquestras do mundo, que tamén quixeron estar presentes no concerto e se desprazaron a Salceda especificamente para o evento.

Durante o concerto fíxose un repaso por máis de 40 anos da banda, con anécdotas e lembranzas de diferentes momentos, como a histórica xira por Arxentina e Brasil do ano 1993, ou os ensaios no monte das Curuxeiras para aprender a desfilar, e para os cales se contaba coa presenza dun militar a modo de instrutor. O momento máis emotivo da noite foi sen dúbida a interpretación da marcha “Chimo”, que serviu para lembrar aos cinco músicos xa falecidos, todos eles sendo moi novos, coa proxección das súas fotos durante a peza.

Como sorpresa final, o actual director da banda, Jorge Macedo, colleu a batuta para dirixir a última peza na que o director da Veterana, Francisco Pérez, actuou como clarinetista solista. O concerto celebrouse en dúas sesións, ás 19 e ás 21 horas, enchendo o Auditorio en ámbalas dúas.

A xuntanza nace co obxectivo de ser a primeira de moitas outras, sobre todo despois de ver o éxito acadado nesta primeira convocatoria.

Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura e compoñente tamén da Cultural Veterana, trasladou o apoio incondicional do Concello ao proxecto, igual que á Asociación de Amigos e Amigas da Música e á Banda Cultural: “A Asociación de Amigos e Amigas da Música sabe que esta será sempre o eixo da nosa política cultural, e por suposto a aposta do Concello pola música engloba tamén a este novo proxecto, ao que lle desexamos que se poida repetir outras veces”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.