spot_img
InicioBaixo MiñoA Corredoira de Tui é o espazo elixido este ano para a...

A Corredoira de Tui é o espazo elixido este ano para a celebración do 3º Congreso EDUCODS 2030

A Corredoira de Tui é o espazo elixido este ano para a celebración do 3º Congreso EDUCODS 2030EDUCODS 2030 é o título do congreso educativo que os días 8, 9 e 10 de xuño se vai celebrar no Paseo da Corredoira de Tui, e no que trece centros educativos da provincia darán a coñecer os seus proxectos nos que traballaron durante o curso.

Revista COUSAS DE Nº17

O evento foi presentado onte Nuria Garabal, directora do centro, acompañada polo alcalde de Tui en funcions, Enrique Cabaleiro, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e a concelleira de Ensino en funcions de Tui, Sonsoles Vicente, xunto a representantes dos centros educativos participantes.

É a terceira ocasión que o CEIP Nº 1 organiza esta esta actividade coa que busca coincienciar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a primeira que se celebra fora das instalacións do centro, ya que tanto o ano pasado coma o anterior se celebrou no colexio.

Ademáis do CEIP Nº1 de Tui participarán neste congreso o CEIP de Pazos de Reiso IES Valadares, o CEIP da Cruz, o CEIP Pedro Caselles, o IES San Paio, o CRA Mestra Clara Torres, o CEIP Reigosa, o CEIP Coutada Beade, o CEIP Ribeira, o CPR Andersen Augalonga, o CEE de Panxón e o CEIP de Tebra. Amais nos postos que cada centro instalará na Corredoira, mostraranse os proxectos nos que traballou o alumnado durante o curso que agora termina.

Abrirán de 10.30 a 13.30 h e polas tardes haberá distintas actividades coma contacontos (xoves) con Bea Campos e concerto de Ecopercusión. (venres) Escola Tic e inclusión con Fátima Doval e educación sostible con César Bona. (sábado) Carreira Solidaria a favor de Save the Children, show científico con David Ballesteros, mesa redonda sobre cambio climático, co alumnado dos centros educativos de Tui

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.