spot_img
InicioGaliciaA Copa de España de Maratón reúne en Muíños a máis de...

A Copa de España de Maratón reúne en Muíños a máis de 700 palistas

A Copa de España de Maratón reúne en Muíños a máis de 700 palistasA competición, que se disputará os días 28 e 29 de maio, reunirá a 741 deportistas cadetes, xuvenís, seniors e veteranos.

Revista COUSAS DE Nº13

O IV Campionato de España de Medio Maratón reúne esta fin de semana en augas do complexo turístico e deportivo do Corgo do municipio ourensán de Muiños a 741 padeeiros de 65 clubs, chegados de todo o territorio español. Unha altísima participación nas que máis de 200 participantes son galegos.

A competición foi presentada polo presidente da deputación de Ourense Manuel Baltar nun acto no que lle acompañaron o alcalde Plácido Álvarez, o presidente do ente federativo José Alfredo Bea e o xefe de servizos de deportes da Xunta Manuel Pérez.

Esta copa conta cun longo programa nas que están previstas para a mañá do sábado as distintas probas individuais tanto da categoría xuvenil como cadete. Ás 10:00 realizarase a primeira das saídas para continuar ata as 13:45 que se fará a primeira das entregas de medallas aos vencedores, xa pola tarde, a partir das 17:00, será a quenda para a categoría master, o día termina ás 19:30 coa repartición de metais. Para o domingo botarase o pano a este evento deportivo coas regatas de embarcacións individuais, dobres e mixtas da categoría senior. Ás 14:00 horas coñecerase ao equipo vencedor da fin de semana.

Varios dos nomes ilustres do maratón español tomarán parte nesta primeira competición da modalidade de maratón como son os múltiples medallistas mundiais Iván Alonso, Tono Campos xunto a Diego Romero no C2 e Tania Álvarez.

- Publicidade -spot_img