spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Clásica pechará a temporada cun concerto dedicado a Chaikovski e co...

A Clásica pechará a temporada cun concerto dedicado a Chaikovski e co recoñecido pianista Giuseppe Andaloro

A Clásica pechará a temporada cun concerto dedicado a Chaikovski e co recoñecido pianista Giuseppe Andaloro
@Cedida

A Orquesta Clásica de Vigo pecha a temporada ‘Escoitas’ cun concerto dedicado a Chaikovski e co recoñecido pianista Giuseppe Andaloro como protagonista. O músico italiano viaxará por primeira vez a Galicia para compartir escenario coa Orquesta Clásica de Vigo

Revista COUSAS DE Nº17

O Concerto para piano e orquestra nº 1 constitúe o máis coñecido da produción de Petr Ilich Chaikovski das tres obras que compuxo para este instrumento. O concerto ofrecerá unha auténtica discusión apaixonada entre piano e orquestra, construíndo un concerto atípico na liña de toda a temporada. A melodía coa que comeza este concerto é unha das máis coñecidas da historia da música, un motivo poderoso que, ao parecer, foi escoitado polo compositor a un grupo de músicos de rúa. Esta historia relata esa comunicación entre o popular e o académico, feito que será unha constante que advertiremos en máis ocasións na obra deste artista.

O programa deste último concerto da temporada complétase coa estrea absoluta da peza Preludio da noite sulagada, de Carme Rodríguez, segundo premio do certame CreaClásica 2019, posto en marcha pola Clásica en colaboración coa Fundación SGAE para fomentar a creación contemporánea en Galicia e apoiar aos músicos emerxentes.

Sobre Giuseppe Andaloro

Giuseppe Andaloro está considerado como un dos artistas máis apreciados da súa xeración. En 2005 foi galardonado coa medalla ao mérito artístico do Ministerio de Patrimonio e Cultura de Italia.

Foi convidado por renomeados festivais (Salzburger Festspiele, Ruhr Klavier, Spoleto Due Mondi, Bucarest Enescu, Ravello, “Chopin” Duszniki-Zdròj, A.B. Michelangeli di Brescia e Bergamo, “Al Bustan” Beirut, “Mehli-Mehta” Mumbai) así como algunha das máis importantes salas de concertos

A Clásica pechará a temporada cun concerto dedicado a Chaikovski e co recoñecido pianista Giuseppe Andaloro

do mundo, incluída La Scala en Milán, Salle Gaveau en París, Konzerthaus en Berlín, Royal Festival Hall and Queen Elizabeth Hall en Londres, Santa Cecilia no Parco della Musica en Roma, Rudolfinum Dvorák Hall en Praga, o Anfiteatro Simón Bolívar en Cidade de México, Teatro Oriente en Santiago de Chile, Sumida Triphony Hall en Tokyo, Esplanade Auditorium en Singapur ou o City Hall Concert Hall en Hong Kong. Habitualmente toca con grandes orquestras como a London Philharmonic, Tokyo NHK Symphony ou Czech Philharmonic Orchestra, e grandes directores como Vladimir Ashkenazy, Jean-Jacques Kantorow, Gianandrea Noseda, Andrew Parrott, así como artistas aclamados internacionalmente como Sarah Chang, Giovanni Sollima, Sergej Krylov, Svetlin Roussev, John Malkovich.

Para a Clásica é un orgullo que o pianista italiano sexa o solista do último concerto da temporada ‘Escoitas’.

Entradas á venda

As entradas para o concerto Chaikovski xa están á venda na plataforma Ataquilla.com a un prezo de 5 a 15 euros en función da butaca. Tamén estarán á venda na billeteira do teatro antes do concerto e, neste momento, a un prezo de 5 euros para as persoas menores de 30 anos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.