spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Clásica Álvaro Pino presenta a súa camisola oficial

A Clásica Álvaro Pino presenta a súa camisola oficial

A Clásica Álvaro Pino presenta a súa camisola oficialEsta fin de semana presentouse na Franqueira (A Cañiza) a camisola oficial da Clásica Álvaro Pino que terá lugar o próximo 3 de outubro en Condado Paradanta

A Clásica Álvaro Piñeiro, que se celebrará o próximo 3 de outubro en Ponteareas, presentou esta fin de semana a camisola oficial dunha edición moi especial –xa que volve tras cinco anos sen celebrarse-, e que levará a cabo con medidas hixiénicas especiais para evitar o risco de contaxio do coronavirus.

O acto de presentación tivo lugar na Franqueira (A Cañiza) e contou coa presenza de ex corredor Álvaro Piñeiro e algunhas autoridades institucionais, como o concelleiro de deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, Gorka Gómez, deputado de deportes da Deputación de Pontevedra, Francisco González, do GDR Condado Paradanta e o alcalde da Cañiza, Luís Piña. Ao acto tamén asistiu o ciclista Borja Gómez, así como algúns dos patrocinadores principais da marcha.

A camisola que recibirán todos os participantes na marcha está inspirado no deseño da camisola do equipo ZOR BH co que Álvaro Pino gañou La Vuelta a España en 1986, cun elegante deseño en cor azul mariño con franxas laranxas

A camisola oficial -elaborada pola marca Pacto- que se entregará a todos os participantes este ano, está inspirado no deseño co que Álvaro Piñeiro gañou La Vuelta a España en 1986. Sen deixar de lado as tendencias actuais e cun toque moderno, atopamos na parte superior o logo dos dous patrocinadores principais -Grupo Sestelo e Axa Jose Alfaya- e na parte traseira as institucións principais que colabran coa marcha cicloturista – Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra e GDR Condado Paradanta-.

De igual modo, a parte inferior da camisola tanto dianteira como traseira, baséase nunha serie de liñas horizontais nas que predomina a cor naraja. Cunha combinación de teas aerodinámicas e técnicas, o modelo Pacto favorece a máxima adaptación ergonómica e unha transpirabilidad total para que todos os participantes na marcha poidan gozar de cada saída esta tempada. A camisola entregarase aos participantes o día da marcha.

A organización confirma a dispoñibilidade das últimas prazas, para todos aqueles que aínda desexen inscribirse, a través da páxina web oficial www.clasicaalvaropino.com

- Publicidade -spot_img