spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Casa da Navegación de Baiona reabre as súas portas e homenaxea...

A Casa da Navegación de Baiona reabre as súas portas e homenaxea a Pedro Novalbos cunha sala co seu nome

A Casa da Navegación de Baiona reabre as súas portas e homenaxea a Pedro Novalbos cunha sala co seu nomeA Casa da Navegación de Baiona reabrirá as súas portas o vindeiro 26 de febreiro, e o Concello de Baiona quixo homenaxear a figura de Pedro Novalbos dedicándolle a sala dos naufraxios, que pasará a chamarse “Sala Pedro Novalbos”.

A Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, sinalou que: “Pedro tiña claro que as pezas atopadas na localidade merecían ser conservadas e mostradas nunha exposición dun museo e máis concretamente en Baiona, por ser o lugar onde apareceran e comezou un periplo por despachos diversos reivindicando ese sentido social do patrimonio que é o que todos e todas podamos gozalo. Polo seu gran traballo quixemos nomear á sala co seu nome”.

Aquí lo vemos xunto á Directora da casa de Navegación, Rosa Vilar

En 2017 o Museo incorporou a súa colección varias moedas inglesas de prata recuperadas no ano 2012 das augas de Cabo Silleiro. As pezas, dous floríns e unha libra de mediados do século XIX, foron doadas polo submarinista Pedro Novalbos, quen xa cedera no seu día varios canóns achados na mesma zona

 

Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destacou que “Se Baiona pode mostrar os seus tesouros mariños é grazas a Pedro Novalbos e o Concello quérello agradecer co nomeamento deste espazo. Foi este vigués de nacemento e miñorano de adopción o que descubriu uns vellos canóns en 1986 ao redor de Cabo Silleiro mentres mergullaba. Desde entón dedicou os seus esforzos á complicada extracción das pezas de artillería do século XVI, da Armada Invencible, que foron parar a un almacén do Museo de Pontevedra ata que conseguiu traelas en 2015 á Casa da Navegación baionesa”.

Goméz destacou tamén como “O pasado mes de agosto o Concello de Baiona homenaxeou a Pedro Novalbos coa entrega dun “Lazo de Honra”, e comprometémonos a poñer en valor os seus achados e a súa figura”.

“Coa sala de exposicións Pedro Novalbos queremos agradecerlle o seu compromiso social coa cultura e o patrimonio de todos así como o seu gran labor por reivindicar o patrimonio de Baiona, facéndolle esta pequena chiscadela a este gran home”.

A Casa da Navegación de Baiona recibe a doación de tres moedas inglesas preocedentes dun naufragio en Cabo Silleiro

A xenerosidade de Novalbos e a súa intachable conciencia social do patrimonio, que o empuxou en todo momento a reivindicar que estas pezas tiñan que ser expostas para o aprecio de todos e todas, son condicións que lle separan de tantos outros cidadáns que igualmente localizan patrimonio mergullado pero que o consideran propio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.