O pasado sábado o surf galego volveu lucir na Praia de Patos (Nigrán) na segunda proba da liga Interescolas. A proba foi organizada pola Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán.
Gran actuación de todos os deportistas galegos das categorías Sub 12 e Sub 16 que participaron este pasado sábado na 2º proba da liga Galega Interescolas organizada pola Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Aínda que o día amenceu nubrado o sol enseguida abriuse paso con temperaturas propias do verán galego de setembro e ondada ao redor da altura do peito.
O escenario era o idílico e todos os novos surfeiros demostraron alta motivación e nivel ao longo de todo o sábado. Á entrega de premios acudiu o alcalde de Nigrán Juan Gonzalez, a Concelleira de deporte Sara Penedo e o presidente da Federación Galega de Surf Roman Dez que felicitaron persoalmente á nova e prometedora canteira do surf galego.
Esta segunda proba da liga Interescolas contou con Alumisel como patrocinador oficial e coa colaboración de Auga Sa, Mission Surf Shop e Noetta Shop.