spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Cañiza presenta a 56 edición da súa Festa - Feira do...

A Cañiza presenta a 56 edición da súa Festa – Feira do Xamón

O complexo hosteleiro «Os do Resero» acolleu hoxe a presentación desta nova edición da Feira, na que participaron xunto ao alcalde, Luis Piña, o Deputado Provincial Santos Héctor o Presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista e os concelleiros Rubén Muiños e Paula Bacelar.

Revista COUSAS DE nº14

Tamén estivo presente Víctor Burgos, profesional xamoneiro, embaixador do noso xamón e director do VII Certame de Cortadores de Xamón que tamén se celebrará o día 15 na Carballeira, en paralelo á Feira.

Como novidade presentouse unha nova especialidade: a tapa de empanado de xamón que ven a completar a oferta de tapas e a unirse á famosa tapa de xamón curado, xamón asado, empanada de xamón e tortilla de xamón.

As racións venderanse todas a 6 €uros, incluindo unha tapa destas especialidades a elexir, con pan, auga e un vaso de viño das adegas do val de Valeixe, Eido da Fonte e Abelán.

O Alcalde agradeceu e felicitou aos cociñeiros do Restaurante Os do Resero pola elaboración dalgunhas das tapas desta presentación, sobre todo da empanada de xamón, que este ano tiña a figura dun verdadeiro xamón.Tamén agradeceu a Víctor Burgos polo excepcional deseño dos seus pratos de xamón, que dende hai anos teñen aceno de identidade propio.

O Deputado Santos Hector, en nome da Presidenta da Deputación Carmela Silva, felicitou aos cañicenses e aos artesáns restauradores pola excelente gastronomía da que dende sempre se presume na Cañiza. Agradeceu a invitación do Alcalde e convidou a todas as xentes a visitar A Cañiza, especialmente neste 15 de agosto.

Pola súa banda, Manoel Batista, Presidente da Cámara do municipio «amigo» de Melgaço, despois de ter agradecido a invitación, lembrou que estamos no proceso de constitución da Eurocidade do Miño, da que forman parte os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente, As Neves e Melgaço que precisamente ten como obxectivo principal promover e divulgar os activos e potenciais turísticos, gastronómicos e empresariais da nosa zona. Batista tamén fixo mención á unión e fraternidade que dende sempre houbo entre as xentes de Melgaço e A Cañiza e que tiña como nexo de unión: o xamón.

A presentación rematou coa intervención do Alcalde Luis Piña quen,  tras presentar a Festa nesta 56 edición, despois do parón de dous anos, motivado pola Pandemia e os efectos da COVID-19,  fixo un chamamento e invitación extensiva a todos os galegos e visitantes que este 15 de agosto desexen pasar unha boa xornada na Cañiza, nun ambiente cheo de festa e de actividades pensadas por e para toda a familia. Tamén quixo facer un guiño “aos nosos tres centenarios cabezudos (a parella e o indio) que todos os 15 de agosto nos acompañan nas nosas festas e que acumulan dende hai máis de 120 anos testemuñas das feiras, festas e do sentir dos nosos veciños e viaxeiros.”

56  FEIRA DO XAMÓN DE A CAÑIZA

A Festa volverá  a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras de A Cañiza e os seus arredores.

Neste mesmo emprazamiento celebrarase o VII CONCURSO NACIONAL DE CORTADORES DE XAMÓN. Todo un placer para os sentidos, o padal e a vista ao conseguir crear con liscos de xamón auténticas obras de arte culinario.

PROGRAMA DO 15 agosto 2022

XORNADA GASTRONÓMICA a partires das  11h00

Carballeira do Cacharado da CAÑIZA.Travesía da Feira (A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas)

A Cañiza celebra a súa 56 FEIRA DO XAMON  o 15 de agosto nunha xornada que por 7º ano ofrecerá tamén xamón cortado a man. Este ano celebrarase a VII Competición de cortadores profesionais de xamón

Todas as racións de xamóns cortadas no concurso destinaranse á venda, polo que está garantizado o sabor e a frescura deste exquisito produto.

11:00. Venda de tikets para adquisición das distintas racións elaboradas con xamón: xamón curado, asado, empanada e tortilla de xamón. Ademáis este ano incorpórase como novidade a tapa de empanado de xamón.

As racións estarán á venda por 6 € e inclúen : 1 tapa de xamón a elixir entre as especialidades anteriores, acompañada de pan, unha botella de auga e un vaso de viño das adegas do val de Valeixe, “Eido da Fonte” ou “Abelán”.

11:00.  Comezo da competición de especialistas de corte de xamón

12:00. Desfile da Comitiva encabezada polos centenarios “Cabezudos” da Vila  e os pequenos da localidade ataviados cos traxes rexionais portando as bandexas de xamón (desfile dende a Casa Consistorial (r/Oriente, 11) ata a Carballeira do Cacharado.

12:30. Actuación do Grupo Folk “Os do Cruceiro” da Cañiza

13:00. Actuación a cargo do Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe.

13:30. Actuación da Charanga “Evaristo”

19:00. Espectáculo de animación infantil na Rúa Oriente coa compañía “ANIMAR-T” e o seu espectáculo “O Paxariño”

19:00. Torneo de Fútbol “festa do xamón” no Campo Municipal do Vieiro

Verbena FIN DE FESTA ata a madrugada a cargo da ORQUESTRA CHARLESTON BIG BAND e o GRUPO ATENAS

- Publicidade -spot_img