spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Cañiza inaugura a tempada do "Cocido Cañicense 2023/2024"

A Cañiza inaugura a tempada do “Cocido Cañicense 2023/2024”

a-caniza-inaugura-a-tempada-do-cocido-canicense-2023-2024O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou esta nova tempada de cocidos de inverno acompañado un ano máis polo deputado David Regades, polo alcalde de Melón Emilio Díaz e polo alcalde de O Carballiño Francisco Fumega

Revista Cousas De Nº19

A hostelería da Cañiza xa está preparada para servir durante os meses máis fríos do ano o “COCIDO CAÑICENSE”, un prato senlleiro con identidade propia e un atractivo culinario que ven a engadirse aos outros moitos activos turísticos deste municipio.

Con estas palabras o Luis Piña comezou a presentación da nova tempada do Cocido Cañicense 2023/2024. Unha cita coa gastronomía da Cañiza promovida, impulsada e organizada conxuntamente polo concello e polos hostaleiros locais que comeza con forza esta fin de semana.

Despois de que Luis Piña dese a benvida e agradecese a presenza nesta arrancada gastronómica aos amigos e compañeiros que hoxe quixeron acompañalo nesta promoción, o alcalde de Melón, Emilio Díaz, tomou a palabra afirmando que “os cocidos da Cañiza necesitan pouca presentación, solo hai que probalos” e rememorou algunha das súas experiencias coa gastronomía cañicense, por ter sido un veciño máis, contando a anécdota dunha hostaleira que con ocasión dunha comida á que asistiu e non sendo capaz de rematar o prato, a muller sentenciouno afirmando “tes pouco buche”.

A continuación o alcalde de O Carballiño Paco Fumega, agradeceu ao a Alcalde á invitación lembrando que “os dous municipios comenzaron hai case 60 anos a traballar para impulsar o turismo gastronómico coas festas do Pulpo e do Xamón, ambas celebradas na 1ª quincena do mes de agosto”. “Agora o Cocido tamén toma impulso, como unha variante do Feira do Xamón, igual que no Carballiño se celebra a festa da “Cachucha”, no domingo de Entroido”. “Festas gastronómicas que non desexan rivalizar con ningunha outra festa e nas que están fortemente implicadas o sector hostaleiro”. Fumega rematou a intervención apelando á importancia que ten a gastronomía como enlace co turismo e comprometeuse co Alcalde da Cañiza en profundizar as relacións institucionais e traballar conxuntamente para impulsar os activos turísticos do Carballiño e da Cañiza.

Na intervención de David Regades, un ano máis, “e xa van catro” como así manifestou o Deputado e coordinador dos Deputados galegos do PSOE en Madrid, “teño o pracer de voltar á Cañiza para apoiar a Luis Piña, grande amigo persoal e tamén poltítico”.  Para David Regades  “A Cañiza sempre foi un referente gastronómico, por iso pobos como A Cañiza saben da importancia de por en valor a restauración como activo para atraer o turismo”. Nesta presentación Regades emprazou as súas xentes e veciños de Vigo a visitar A Cañiza para saborear a súa gastronomía. Ademáis deixou claro que “ eu son unha ferramente do Concello da Cañiza, un concelleiro máis que nos últimos catro anos leva traballando por esta localidade, primeiro dende a Deputación, despois dende Zona Franca de Vigo e agora como Deputado no Goberno de España”. Continuou a súa intervención afirmando que “os veciños da Cañiza non so teñen que vivir na Cañiza, senon que teñen que estudar e formarse na Cañiza e tamén traballar na Cañiza e para conseguir este obxectivo Luis Piña vai a ter todo o apoio do Goberno de España”.

Rematadas as intervencións, Luis Piña agradeceu unha vez máis a asistencia dos Alcaldes de Melón e do Carballiño e tamén de Regades, a quen lle agradeceu a súa aposta persoal pola nosa  gastronomía e hostelería local e sobre todo polo traballo e compromiso que ten adquirido coa Cañiza dende hai anos. Un compromiso que se formalizou hai uns meses, sendo Presidente do Consorcio da Zona Franca de Vigo, cando se publicou no BOE un importante Convenio que permitirá o asentamento empresarial e comercial nunha zona de case 1 millón de m2. A este respecto o Alcalde volveu a recordar que A Cañiza é a Porta e o Centro do Sur de Galicia e que últimamente está recibindo no Concello numerosas iniciativas que poden ser prometedoras e viables.

Na apertura da nova tempada o Alcalde destacou que “A Cañiza históricamente é coñecida polos seus cocidos e dende o Goberno Local se está apostando por este activo gastronómico como un recurso endóxeno de primeira calidade”. “Dende o consistorio e dacordo cos nosos hostaleiros quixemos reenfocar estas xornadas, para non limitalas a un fin de semana, senon que dende hoxe e ata rematar o inverno, calquera comensal poida gozar cos nosos manxares”.

SEGUNDO O ALCALDE “OS FRÍOS AXUDAN A DEGUSTAR O COCIDO”.

O Alcalde afirmou que “non creo que en Galicia, teñamos moitos menús que superen o COCIDO”, a pesares da gran gastronomía da nosa Terra, sendo o cocido que hoxe presentamos “un manxar de Deuses”.

Son moitos os padais que xa coñecen o cocido cañicense, pero promovido polo Concello, os hostaleiros da Cañiza organizan esta nova tempada, esmerándose en cociñar este prato tradicional preparado con chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo,  orella,  cacheira,  lacón,  touciño e costela de  porco completado con pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo. Todo iso acompañado con pan rústico e pan de millo ou  “Bica” e regado polos extraordinarios caldos brancos  e tintos, a gusto do cliente, da denominación de orixen Rías Baixas, tamén da Cañiza, das bodegas Eido da Fonte,  Abelan e Cavadas. 

Antes ou despois deste prato ofrecerase un  caldo servido en  tazón. E como en toda boa comida, non pode faltar a sobremesa. Arroz con leite ou leite frita e café.

Para rematar o Alcalde agradeceu a implicación dos restaurantes e das bodegas que están traballando xa para que esta nova tempada poida saldarse con éxito, calidade e participación e anunciou os restaurantes nos que xa se pode degustar este menú, chamando por teléfono ou simplemente achegándose ata A Cañiza. Os prezos non están unificados xa que cada local ofrece variantes e formas distintas de servilo. Por iso é recomendable chamar antes e reservar.

 

RESTAURANTES:

Os do Resero 986652431

Area de servicio 986652369

Restaurante JC 986652400

Xatome 886216744

Eligio 986651047

O noso bar 986651265

Pirri 986156247

Piri Piri 986652332

Arela 608727766

Cruceiro da Balsada 986654171

Eido do Monte 607812201

- Publicidade -spot_img