spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Cañiza aposta polo 'Turismo activo' e a posta en valor da...

A Cañiza aposta polo ‘Turismo activo’ e a posta en valor da súa riqueza paisaxística

A Cañiza aposta polo 'Turismo activo' e a posta en valor da súa riqueza paisaxísticaPara A Cañiza o altísimo potencial paisaxístico e do patrimonio sitúa a este municipio como un dos mellores emprazamentos para disfrutar do turismo activo. 

Revista COUSAS DE Nº17

Reordenáronse 3 novos sendeiros. Ruta de Fontefría, de Luneda e da Cidade Castrexa das Grades, nun proxecto financiado con 29.866,22€ polas axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do Plan Concellos da Deputación.

O proxecto abarcou a execución dos traballos de acondicionamento e o desenvolvemento dun completo traballo de campo, con informes específicos do sendeiro, indicadores das actuacións de mantemento necesarias durante o ano e sinalización da ruta seguindo a normativa da Federación Galega de Montañismo. Tamén se  instalaron paneis interpretativos que están axudando a divulgar os valores do entorno

A Cañiza aposta polo 'Turismo activo' e a posta en valor da súa riqueza paisaxística

No caso destes 3 novos sendeiros, o proxecto complétase co deseño e impresión dunha guía de sendeirismo (que estará dispoñible próximamente en formato papel e que xa adiantamos online ) e a creación de contidos dixitais para o seu emprego na páxina web do Concello e na plataforma Wikiloc.

Ademáis no 2021 acondicionouse o sendeiro do río Ribadil “Rede Natura” ao seu paso polo Couto, cunha inversión de 19.872,47€, para o que se conseguiu unha subvención de 12.688,97€ da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. O 28-09-2022 adxudicouse a obra “construcción dun mirador e zona de descanso no río Ribadil” cunha inversión de 19.955,86 € para os que se conseguíu unha subvención de 18.142,45 € en 2 anualidades –9.071,22 € para 2022 e 9.071,23 € para 2023- da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.